Nota de prensa
Nesta oportunidade, serán as seguintes: a escritora focense Luisa Castro; a Asociación de Amigos da Cidade de Mondoñedo; Nemesio Rodriguez, director do IES de Foz e o prestixoso arquitecto Xosé Casabella, de O Valadouro.
Os actos do día darán comezo ás 12 horas na Casa da Cultura de Alfoz, cunha breve charla sobre “Lembranza de Alvaro Cunqueiro” con motivo do centenario do seu nacemento que está a celebrarse, que correrá a cargo de Xosé Ruiz Leivas, presidente do colectivo galardoado.
A continuación os asistentes realizarán unha visita á Torre de Alfoz, símbolo da historia mariscaliana, para a continuación trasladarse a Mondoñedo onde, no hostal Montero terá lugar o xantar e o cerimonial da investidura, tras a cal terá unha intervención a escritora Luisa Castro e a actuación do grupo vocal “Mar Aberto”. Ó acto poderán asistir cantas persoas o desexen. No transcurso do mesmo van a recibir o título simbólico de “Embaixadores das terras do Mariscal” o matrimonio Antonio Seijas e Miluca Fernández, rexentes do Hotel Cristobal Colón, de Palma de Mallorca, onde él preside a Peña Valle de Oro, pola súa actitude sempre receptiva e acolledora con cantas persoas da nosa bisbarra se achegan pola capital daquela illa, e polo permanente labor que alí desenvolven a prol do coñecemento e do prestixo da nosa terra.