Site icon Crónica3.com A Mariña

Ao PSOE preocupalle a situación dos traballadores da ambulancia do 061 en Foz

Nota de prensa

O FUTURO DOS TRABALLADORES DO 061 DE FOZ

Dende a Executiva local do PsdeG PSOE de Foz, queremos mostrar a nosa preocupación polos traballadores que nestes momentos están a exercer as suas labores na ambulancia do 061 en Foz.

Púxosenos en conocemento do PsdeG PSOE de Foz que despois da reunión mantida entre os traballadores e a empresa, esta última comunicoulles que o cuadro de empregados se verá reducido a partires do vindeiro 10 de seeptembro, fecha no que a ambulancia do 061 que viñe prestando os seus servicios en Foz verá reducido o seu horario en 12 horas, o novo cuadro quedaría da seguinte forma; actualmente hay 6 empregados a tempo total, pois ben, a partires do 10 de septembro asituación pasaría a ser: 2 empregados a tempo total, 2 a media xornada e dous despedidos.

Increiblemente, vemos como a retirada do servicio da ambulancia durante 12 horas ó día a maiores de deixar a Foz sin un sevicio básico, vai supoñer dous despidos e a redución de xornada de 2 traballaores mais, despois de saber todo esto o Alcalde de Foz aínda ten a desfachatez de seguir decindo que non é un problema seu , que o goberno da Xunta de Galicia non ten nada que ver co seu, que ven imposto de santiago e hai que acatalo, esto foi o que o Alcalde de Foz lles trasmiteu os propios empregados do 061 de Foz, e todo esto botandos do despacho.

Por todo o anteriormente exposto, temos que manifestar alto e claro que o PsdeG PSOE de Foz vai loitar para que se sigan conservando os postos de traballo esistentes a fecha de hoxe no 061 en Foz e tamén para conservar o servicio as 24 horas, tamén pedirlle ó Alcalde de foz que empece a loitar polos dereitos dos veciños e veciñas do noso Concello e mais polos dereitos dos traballadores como outros Alcaldes do PP de Galicia que sí tomaron a decisión de plantarlle cara á Xunta de galicia e poñerse ó lado dos veciños e veciñas.

Exit mobile version