Abriuse o prazo, ata fin de mes, para inscribirse na Escola Municipal de Ximnasia Rítmica. Os solicitantes terán que presentar a seguinte documentación no Rexistro do Concello: Folla de inscrición. Comprobante de ter feito o pago de 40 euros no nº de conta indicado polo Concello. Fotocopia do DNI da alumna ou do pai/nai ou titor. O prazo para poder presentar todo esta documentación no Rexistro do Concello vai rematar ás 14:30 horas do mércores 31 de agosto. Os horarios do Rexistro Municipal son: de luns a venres: de 8:30 a 14:40 horas. Sábados: de 10:00 a 14:00 horas. As actividades do Curso comezarán o xoves 1 de setembro de 2011 no Pavillón Municipal de Deportes.
Aberto o prazo de inscrición na Escola Municipal de Ximnasia Rítmica para o curso 2011-2012 en Xove