Site icon Crónica3.com A Mariña

A XXVII Feira do Bonito deixou en Burela bo sabor e gran satisfacción polo traballo realizado

Nota de prensa

A XXVII Feira do Bonito deixou en Burela bo sabor e gran satisfacción polo traballo realizado

O día escomezaba gris … ameazaba chuvia pero non se atrevía … ao fin houbo algo de todo: momentos de chuvia feble que se ocuparon de estragar a hora da sesión vermú, momentos de estabilidade para o pregón e á hora do reparto das racións chuvias e claros. Esto non amilanou ós visitantes, que en número importante se achegaron ata Burela a disfrutar do Bonito in situ, ou preparados para levalo ós seus domicilios e dar alí conta del con calma.
Facendo un cálculo xeral, pasaron por Burela no día da Feira entre 7.000 e 8.000 persoas, afluencia lixeiramente inferior ó acostumado debido fundamentalmente ó inestable do día, como antes comentabamos. Vendéronse 3.500 racións de bonito, e esgotouse o produto por completo; de feito algunhas persoas tiveron que marchar sen poder probar o bonito … sentímolo por el@s. O feito das baixas capturas a esta altura da costeira fixo que o prezo do bonito en lonxa se incrementase sustancialmente sobre o presupostado, e vímonos na obriga de reducir o número de kilos comprados con relación a anos precedentes.
Por outra parte, a presenza en Burela da Radio Galega para emitir o programa “Come e Fala” o domingo entre as 13:00 e as 14:00 h. é motivo de grande satisfacción para a organización da Feira, e tamén que o seu director e presentador José Manuel García exercese de pregoeiro. A través deste programa convocouse un concurso de receitas elaboradas con bonito de Burela, cunha ampla participación e co seguinte resultado: receita gañadora, que recibirá como agasallo un bonito ben fresquiño “BONITO & MOJITO”, de David Monaguillo; segundo e terceiro premio que recibirán un agasallo conmemorativo, respectivamente “BONITO DE BURELA CONFITADO AL CAFÉ”, de Óscar de Toro e “BONITO CON CHOCOLATE”, de Natalí González.
Dende a organización estamos satisfeitos tanto da resposta do público como do desenrolo xeral do traballo da Feira, e a pesar de ter que suspender as actividades da mañá, podemos decir que a feira resoultou exitosa sen nengunha dúbbida.
Agradecemos unha vez máis o traballo desinteresado dos voluntarios colaboradores, dos medios de comunicación que nos axudan a chegar ás casas dos visitantes, e de todalas empresas e institucións que nos apoian conscientes do que a Feira do Bonito representa no verán da Mariña, e por suposto dos visitantes, os verdadeiros embaixadores do bonito tal e como dixo o noso pregoeiro

Exit mobile version