A SITUACION ECONOMICA E UN POEMA
Por iso, moitos prefiren ver o vaso medio cheo. E, a verdade, non se sei ben si o vaso está medio cheo ou medio baleiro, pero desde logo hai un só vaso para unha familia numerosa na que está sorbendo, cada un coa súa palliña.
Chorar é unha opción. Facer as maletas é outra. Botar a culpa aos políticos e quedarnos cruzados de brazos é de covardes. Pero brindemos polo optimismo, aínda que só sexa para gañar anos de vida.
A solución? Enchamos o vaso. E como o facemos? Primeiro, a Administración Pública debe ser máis transparente, debemos medila coa mesma vara de medir co que medimos á empresa privada. E que debe facer a empresa? Aquí van catro ideas de un pequerrecho empresario:
Eliminar graxa, atrincheirarse, se non o fixeches xa. Aínda que me temo que, con case 5 millóns de parados, empezamos a tocar óso. Xa que logo, pasemos ao segundo punto.
Saír fóra. Logo de eliminar graxa, e se non podes crecer no teu modelo de negocio actual, debes decidir se te reinventas ou saes fóra. Aínda queda moitísima PEME que pode saír. Europa, por que non? USA,China, grande, aínda que difícil. Antes non saiamos porque aquí estabamos moi ben. Pero agora moitas empresas teñen que saír ou reinventarse.
Competir en prezo . Hoxe hai menos clase media, temos novos pobres, e se queremos triunfar nos países en vías de desenvolvemento é moi probable que non podamos facelo cos produtos que vendiamos á gran clase media española de fai tres anos.
Activismo social. Os cidadáns estamos durmidos. Si, é verdade que twitter está que queima con movementos como o “nolesvotes”, pero persoalmente teño as miñas dúbidas de que a nosa revolución sexa tuiteada. A sociedade civil ten que espertar, de xeito pacífico, pero ten que facelo. Os empresarios tamén teñen a obrigación moral de elevar o nivel de presión á clase política, que demostrou un elevado nivel de corrupción e de incapacidade na xestión.
E ben, estades de acordo ou non? Que máis poden facer as empresas? Por estes lares do norte Mariñán os cómodos, barrigudos, chaqueteirios e outras xentes de mal vivir optan por outras solucións, chorar ás portas de políticos e administración e recoller as esmolas, un milloncito de euros a fondo perdido outro tanto como aval, outra esmola da Deputación para non sei que leria, subvención por aquí, outra por aló, e mellor si non mas controlan, ou sexa o caciquismo de sempre, pan para hoxe e fame para maña.
Otero Regal