Nota de prensa
A noite do xoves, 11 de agosto a Praia da Rapadoira vibrou
como non o fixera antes. Nun escenario tan emblemático como o paseo da Praia
máis famosa do noso Concello, concentrouse a xuventude para ver, cantar e
bailar ao ritmo de Taxi. Sobre as 23:15h. fixeron a súa aparición os
componentes do grupo local Os Kentakis, que durante 45 minutos nos trouxeron
de novo a Pink Floyd, Queen,… O público que non os coñecía quedou
sorprendido pola súa calidade, e incluso desde os balcóns próximos ao Paseo
de Colón se bailaba ao seu ritmo.
Un pouco despois das 12 da madrugada subían ao escenario o
grupo TAXI, que desde os seus primeiros acordes fixo saltar a todo o
público, entregado a cancións actuais e máis antigas, de cando os seus
componentes pertencían ao grupo Melón Diesel. A xente non se cansou de
cantar Grita, Contracorriente, Tu oportunidad, Aquí estoy, … coreando cada
unha das estrofas. Por suposto non faltaron temas do seu último disco,
destacando o single Perdido en la calle, tan escoitado últimamente. As
persoas que se achegaron ata o concerto participaron tan activamente nel que
en moitos momentos eran elas as que enmudecían ao líder Taxi, Dylan Ferro.
Foron máis de 1000 km os que este grupo fixo, os que separan Xibraltar da
nosa pequena vila, pero segundo as súas palabras valeron moito a pena por
vibrar co público de Foz, co que o pasaron en grande.