NOTA DE PRENSA
Socialistas e nacionalistas incapaces de xustificar os seus actos durante os cinco anos que levan no goberno escúsanse continuamente no pasado para non asumir as súas responsabilidades no empeoramento da situación económica municipal
O PP PREGUNTA CANTO TEMPO TEN QUE PASAR PARA QUE O BIPARTITO ASUMA A RESPONSABILIDADE POLA SÚA XESTIÓN MUNICIPAL
o Polo momento o alcalde aínda non ten explicado as razóns que lle levaron a extralimitarse das súas funcións e levantar un reparo de intervención cando o órgano competente para facelo era o pleno.
Mondoñedo, 12 de agosto de 2011.- A portavoz do Partido Popular de Mondoñedo, Elena Candia, preguntou hoxe canto tempo ten que pasar para que o bipartito local asuma a responsabilidade pola súa xestión municipal e lamentou que unha e outra vez socialistas e nacionalistas teñan que escudarse no pasado ante a incapacidade de xustificar os seus actos nestes cinco anos que levan no goberno e, o que é moito peor, pretendan agochar ante a opinión pública a súa clara responsabilidade no empeoramento da situación económica municipal.
A portavoz popular salientou que, pese ás reiteradas peticións da formación política que ela lidera, o alcalde aínda non explicou as razóns que lle levaron a extralimitarse das súas funcións e levantar un reparo de intervención -paralizando todas as actividade económicas- cando o órgano competente para facelo era o pleno. Elena Candia sigue preguntándose tamén polos motivos polos que, a pesar de ter contratada a unha empresa externa e investido gran cantidade de diñeiro nela, aínda non existe contabilidade municipal e emprazou ao equipo de goberno a que aclare cales poden ser as consecuencias da falta deste control contable, pois as sufrirán todos os veciños.
Destacando que o reparo que se lenvantou sen competencia, pese a ser advertido, podia facelo correctamente, dado que o pleno estaba sen celebrar e no de xullo, rexistrouno por urxencia.
Elena Candia ironizou lembrando que a apelación que o goberno local fai ás partidas orzamentarias non ten sentido algún, xa que como o propio alcalde recoñeceu, non só estamos ante un orzamento prorrogado, senón que ademais a última liquidación existente -que data do ano 2009- tampouco é de fiar porque contén un remanente de tesourería de aproximadamente 2 millóns de euros, que o propio executivo local admite que non existe.
Os populares seguirán estudando polo miúdo a documentación dispoñible e os distintos informes do servizo de intervención que unha e outra vez non foron tidos en conta por parte do alcalde, para adoptar as decisións que correspondan e nos ámbitos que correspondan, sen descartar ningunha opción,