Nota de prensa
Roteiro que artellamos prao sábado 20.
10º ENCONTRO DE AMIGOS/AS NOS PENIDOS* (San Tomé-O VALADOURO)
SÁBADO, 20 de AGOSTO ás 10:00 h., no CURRO DA RAPA
(roteiro arqueolóxico)
*Os Penidos (o Penido Vello e o Penido Novo) son dous cumios da parroquia de San Tomé recoñecíbeis dende calquer punto do val.
PERCORRIDO XERAL
O Padorno (dolmen)
Rio Vao
A Esqueira
A Santana (mosteiro)
As Parañoas (petroglifos)
Chaira das Cabanas (menhires)
As Curuxeiras
O Prado das Chantas (círculo lítico)
Xantar no curro ao redor das 14:00 h.
(Cada participante debe levar a sua comida)
CELEBRAREMOS O 15 ANIVERSÁRIO DA LIGA CÉLTIGA GALAICA CUNHA GRANDE CEA NO BAR SAN PEDRO ÁS 22:00 h.
Máis información no 600 378 363 ou no mensaxe2@hotmail.com
Quen desexe alugar cuarto pra botar a fin de semana no val, ten que chamar á hospedaria do Bar San Pedro: 982 558 411
A novidade desta X edición é que alteraremos lixeiramente o percorrido tradicional pra pasar polo lugar d’A SANTANA -na parroquia de Santa Cruz do Valadouro- onde se atopan os restos dun vello mosteiro.
Organiza: Asoc. Eco-cultural LIGA CÉLTIGA GALAICA
Colabora: BAR SAN PEDRO (Alfoz)
PS.: En varios medios adoitan escribir ou pronunciar mal o nome de SAN TOMÉ, prégolles que non caian no erro de converter o topónimo en “Santo Tomé”, xa que é unha deturpación.