Nota de prensa
A ESCOLA LARANXA ABRIRÁ O PRAZO DE MATRÍCULA O 29 DE AGOSTO
As pequenas promesas do fútbol sala poderán regresar aos pavillóns para mergullarse na práctica deportiva coa ED EON Burela FS, que manterá aberto o prazo de matrícula para o curso 2011-12 entre o luns 29 de agosto e o venres 9 de setembro.
Catro categorías, entre prebenxamín e infantil, integrarán a escola laranxa; os cadetes e xuvenís volverán pertencer ás categorías inferiores dos equipos sénior, da Primeira División Feminina e Segunda Masculina.
Para formalizar a matrícula, o alumnado deberá entregar dúas fotos tamaño carné e a fotocopia do DNI.
Novidades nos prezos
A matrícula para o curso 2011-12 pasará a ser gratuíta e as cotas trimestrais (outubro, xaneiro e abril) reduciranse de 60 a 45 euros. Ademais as familias que formalicen máis dunha inscrición terán o 20% de desconto (a partir da segunda matrícula).
A tenda Living Sport (rúa Trapero Pardo, número 14, Foz), distribuidora oficial do club, entregará directamente a cada alumno/a un pack de material deportivo (80 euros), que incluirá chándal, sudadeira, camiseta e bermuda, ademais dun vale de desconto para zapatillas. De forma totalmente gratuíta, o club tamén lle proporcionará aos rapaces/as unha mochila, un chuvasqueiro e roupa de adestramento (dúas camisetas e un pantalón) e competición.
Coma no curso pasado, os pequenos futbolistas disporán dos servizos médicos do club, así como de L2 Fisioterapia.
Reunión informativa
A dirección da ED CD Burela FS reunirase cos pais/nais do alumnado o 10 de setembro, no Salón de Conferencias da vila (antiga biblioteca), para explicarlles a programación do curso. As xuntanzas estableceranse por categorías, nos seguintes horarios:
10.30 horas – Prebenxamín (nados/as en 2005-04)
11.15 horas – Benxamín (nados/as en 2003-02)
12.00 horas – Alevín (nados/as en 2001-00)
12.45 horas – Infantil (nados/as en 1999-98)
Todas aquelas persoas interesadas poden obter máis información nas oficinas do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado, Burela) ou a través do número de teléfono 982 58 18 15.