Site icon Crónica3.com A Mariña

Medio Ambiente completa os traballos de mantemento executados os seis primeiros meses do ano na Mariña

Nota de prensa

Esta actuación forma parte das limpezas executadas durante os seis primeiros meses do ano na Mariña Luguesa, por preto de 40.000 euros

MEDIO AMBIENTE REMATA O ACONDICIONAMENTO DE DOUS QUILÓMETROS DO RÍO OURO, A ALTURA DA PRESA DE DAMIÁN EN ALFOZ

 O obxectivo deste proxecto foi a retirada de árbores e polas na marxe do río, así como a reparación da escollera de protección do entorno da presa
 As anteriores accións levadas a cabo na comarca da Mariña tiveron por obxectivo adecuar as bacías dos ríos Figueirido, en Cervo; Baos, en Lourenzá e o Carvallo en Mondoñedo
 Augas de Galicia licitou tres novos contratos de limpeza e mantemento dos ríos do ámbito de Galicia Costa por case 3 millóns de euros, o que implicará xestionará o mantemento dunha rede fluvial de máis de 11.200 km
 Unha das novidades destes contratos é a integración de actuacións no ámbito da bioenxeñería, como poden ser a protección e estabilización de coieiras con elementos naturais

Santiago, 6 de agosto de 2011.- A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas completa os traballos de limpeza e mantemento executados os seis primeiros meses do ano na Mariña luguesa, coa limpeza do río Ouro á altura da presa de Damián, en Alfoz. Medio Ambiente investiu máis de 12.400 euros nas labores de acondicionamento e limpeza en case 2 quilómetros deste río. O obxectivo desta actuación foi a retirada de árbores e polas na marxe do río, que supuxo un investimento de 5.163 euros así como a reparación da escollera de protección no entorno da presa por un importe de 6.837 euros.

Con este proxecto rematado, complétanse as labores de limpeza executadas na Mariña Luguesa, por preto de 40.000, que beneficiaron a máis de 18.500 veciños dos concellos de Alfoz, Cervo, Lourenzá e Mondoñedo.

Alfoz

Estado dun tramo do río unha vez executadas as obras

Actuacións na comarca da Mariña
A consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas executou 4 actuacións na zona,
Concretamente nos concellos de Alfoz, Cervo, Lourenzá, Mondoñedo. En total estas catro actuacións suman nun importe de preto de 40.000. Na táboa seguinte indícanse os datos de cada actuación:

Nome_Río Concello Lonxitude Importe € Estado
RIO OURO Alfoz 1.542 12.400 € Rematado
FIGUEIRIDO Cervo 0 17.796,76 € Rematado
BAOS Lourenzá 280 415,59 € Rematado
CARVALLO Mondoñedo 2.030 9.541,68 € Rematado

A meirande parte dos traballos executados consistiron na limpeza de vexetación, como o desbroce selectivo de zonas de servidume de paso; a retirada de restos de vexetais arrastrados polas crecidas; a eliminación de atascos e atrancamentos en pontes, azudes, illas e pasos; e apeos de pés e poda de ramais baixas con risco de caer ao leito ou producir atrancos.

Tamén se acondicionaron as marxes, coa recuperación de noiros de ribeira e a protección das mesmas, con obras de estabilización de noiros e plantación de especies de ribeira; ou a supresión de elementos artificiais e atrancos. Outro dos labores que se executaron foi a xestión de acarreos e sedimentos, coa limpeza de obras de paso, o dragado de encauzamentos e canles de avenida, retirada de aterramentos e reposición de materiais socavados no contorno das pontes. Os labores implican tamén a retirada de residuos e a clasificación, para depositalos ou entregalos ao xestor autorizado.

A modo de exemplo, cómpre citar as actuacións en Cervo e Mondoñedo. No primeiro concello, levouse a cabo a reconstrución dun muro lindeiro ao río Figueirido, que foi derruído polo temporal de xuño de 2010. Ademais de reconstruírse as partes máis danadas, tamén se reparou a parte do muro que aínda se mantiña No río Carvallo, situado no Concello de Mondoñedo, a actuación consistiu na retirada de sedimentos de obras, así como a retirada de madeira no leito fluvial. Con isto, eliminouse a obstrución do río que causaba continuas inundacións nas fincas lindeiras. Ademais, adecuáronse as zonas de paso coa retirada de restos vexetais e residuos inorgánicos

Tres novos contratos
A Xunta vén de licitar os novos contratos de limpeza e mantemento, o que implica actuar en máis dun 40% dos cauces dos ríos de Galicia, é dicir, de 13.072 km2 que abarca a demarcación Galicia Costa (corresponde aproximadamente coa provincia de Pontevedra, a de Coruña e A Mariña lucense, é dicir, todos os ríos galegos que desaugan no Océano Atlántico e o Mar Cantábrico, agás o Miño, Sil e os seus afluentes) por un importe de case 3 millóns de euros (2.970.534). Coa licitación destes contratos garántese o mantemento dunha rede fluvial de máis de 11.200 quilómetros.

Estes traballos consistirán na execución de actuacións de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia Costa e as zonas de acceso e protección nos tres ámbitos territoriais (norte, sur e centro). Cómpre recordar que a lonxitude dos ríos da demarcación Galicia Costa suman un total de 14.765 quilómetros.

Unha das novidades deste contrato é que se integran actuacións singulares no ámbito da bioenxeñería, como poden ser a protección e estabilización de coieiras con elementos naturais (tipo biomallas de coco con estaquillas de especies autóctonas de ribeira, ou valados de rollizos de madeira).

O obxecto principal destes traballos será a execución das actuacións de acondicionamento, mantemento e mellora nos cauces, co fin de facilitar o libre discorrer das augas, así como, conseguir condicións naturais do ecosistema que favorezan os aspectos medioambientais e estéticos e de uso social no contorno fluvial, sendo respectuoso en todo momento co contorno.

En xeral, estas actuacións recuperarán o funcionamento natural do cauce, rehabilitando a sección hidráulica en puntos sensibles, recuperando os procesos hidrolóxicos, aumentando a heteroxeneidade e o seu grado de naturalidade. Neste senso, as técnicas de restauración a aplicar serán as máis respectuosas co contorno, integrándose na medida do posible co funcionamento ecolóxico do río e da paisaxe fluvial. Polo tanto, procurarase empregar materiais naturais, como pedras, madeira ou vexetación.

Máis de 200 actuacións en dous anos
No que vai de lexislatura a Xunta destinou máis de 5,5 millóns de euros en 271 actuacións ou traballos, co que se mellorou unha lonxitude de máis de 300 quilómetros. Cómpre diferenciar aquelas que se executan dentro da programación do servizo de acondicionamento, mantemento e conservación. Nos dous anos de Goberno executáronse un total de 162 accións, nas que se investiron 1,8 millóns de euros e que implicou mellorar 213 km de ríos. Outra partida importante son as obras de emerxencia e de acondicionamento, dende abril de 2009 ata o ano 2011, executáronse 109, o que implicou mobilizar un orzamento de 3,7 millóns de euros e acondicionar ou rehabilitar unha lonxitude de case 100 quilómetros. Entre este tipo de actuacións destacan as obras de emerxencia por mor das inundacións de xaneiro e xuño de 2010 na zona da Mariña lucense ou as producidas en Cerdedo-Forcarei

Exit mobile version