NOTA DE PRENSA
A Concellería de Cultura, Mocidade e Turismo do Concello de Viveiro informa:
O martes 2 de agosto o responsable da Área de Cultura e Mocidade do Concello de Viveiro Bernardo Fraga mantivo unha xuntanza cos representantes de cinco grupos musicais do municipio que utilizan o local de ensaio ubicado en Lavandeiras.
A reunión enmárcase dentro do traballo de coordinación e seguemento que realiza o Departamento de Mocidade, abordando distintos aspectos sobre o funcionamento do mesmo e optimización dos recursos. Outra das cuestións tratadas foi a posibilidade de realizar melloras na infraestructura co obxectivo de mellorar a acústica do local.
Acordouse abrir un período de inscrición dende agora ata o 15 de setembro para favorecer a inclusión de novos grupos na rede de ensaio. As persoas ou grupos interesados dirixiranse á Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello ou ao Telf. 982560128-Ext.135 onde serán informados do procedemento para anotarse.