Saiñas organiza o tradicional festival que este ano denomínase “Muiñeira”
Nota de prensa
ASOCIACIÓN CULTURAL “SAIÑAS” – XOVE (LUGO)
NOTA DE PRENSA.-
SAIÑAS ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DO SEU FESTIVAL DE VERÁN
Un ano máis, e xa van 28, Saiñas organiza o seu tradicional FESTIVAL, que este ano na súa XXVIIIª Edición denomínase “MUIÑEIRA”. O Festival vai ter lugar no Pavillón Municipal de Deportes de Xove o venres 19 de agosto a partires das 21:15 horas.
No Festival van participar tódolos grupos da Asociación; en orde de idade: “Cacharelas” os máis peques, “Ñáñaras”, “Saiñas”, “Perteganzos”, grupo de cantareiros/as e grupo de gaitas e percusión.
Para rematar, decir que a entrada é totalmente libre e gratuita. Dende a Asociación aproveitamos para facer unha invitación a tódolos xovenses e mariñanos, así como a tódolos visitantes nesta Festas Patronais.