Nota de prensa:
VOLUNTARIOS DE ALCOA E NENOS DE CHERNÓBIL DE VACACIÓNS EN GALICIA INTERVEÑEN NO CONTORNO DE RÍO COBO A TRAVÉS DUNHA INICIATIVA POSTA EN MARCHA ENTRE CONCELLO, FUNDACIÓN ALCOA E ‘LEDICIA CATIVA’
Cervo, 9 de xullo de 2011.- Uns 70 nenos e nenas de Chernóbil que están a pasar a súa estadía de verán en Galicia participaron hoxe xunto coas súas familias de acollida e voluntarios da factoría Alcoa de San Ciprián na limpeza e rexeneración do contorno natural do club deportivo Río Cobo.
Esta iniciativa, promovida polo Concello de Cervo, a Fundación Alcoa e a asociación “Ledicia Cativa”, enmárcase dentro do programa de coidados medioambientais do termo municipal e nos plans Acciona desenvolvidos pola Fundación Alcoa en toda a comarca.
Os traballos -que levaron adiante ao redor dun cento de persoas entre rapaces, familiares de acollida e voluntarios de Alcoa- consistiron na recollida selectiva de lixo, a realización do pintado das pistas deportivas e das porterías e arranxos dos bancos públicos.
Acto de Benvida
Antes de poñerse mans á obra, os organizadores da iniciativa fixeron un pequeno acto de benvida aos nenos rusos e ás súas familias procedentes de toda Galicia. Pola súa parte, os nenos agradeceron a acollida e agasallaron aos representantes municipais, aos membros da Fundación Alcoa e aos voluntarios cuns pequenos obsequios.
Ao acto acudiron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, así como os concelleiros Begoña Alonso (Medio Ambinete), José Ramón Soto (Deportes e Seguridade Cidadá) e Tania González (Asuntos Sociais e Cultura).
Segundo indicou a concelleira de Medio Ambiente, Begoña Alonso, esta actuación de fomento da cultura ambiental e do coidado dos espazos públicos de lecer ten como obxectivo contribuír á conservación do contorno municipal. “Por eso, agradecemos la labor conjunta de la Fundación Alcoa, de la asociación “Ledicia Cativa” y de los trabajadores voluntarios de Alcoa. El Concello de Cervo no escatimará esfuerzos para seguir colaborando en este tipo de acciones que tienen por objecto valorar y potenciar nuestro entorno natural” indicou Alonso.