Nota de prensa:
ESCT-9 Foz a 12 de XULLO de 2011
SR ALCALDE
Jaime Cancio Rodríguez, en representación do grupo Municipal de UNIFOZ da Corporación Municipal que Vostede preside :
EXPÓN:. Que fai un tempo o Concello de Foz asinou acordos con empresas do sector forestal, coa intención de que a extracción da riqueza forestal non influira no mantemento das pistas forestais, entendemos pois que cando se deteriora un camiño por estas circunstancias terán que ser as empresas as que asuman esa responsabilidade.
Que o camiño chamado da Baesta a Pedra Blanca e Cornería na parroquia de Vilaronte, encontrase en moi mal estado (adxunta fotos) como consecuencia da extracción de maderia. Por todo anteriormente exposto
SOLICITA:
Se proceda a elaboración dun informe de danos no mencionado camiño , e así mesmo se esixa aos seus responsables procedan a reparalo con carácter de urxencia.
Jaime Cancio Rodríguez
SR ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE FOZ