Nota de prensa:
D. JAVIER JORGE CASTIÑEIRA, ALCALDE-PRESIDENTE
Jaime Cancio Rodríguez, en representación de UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside :
EXPÓN:
Que segundo as informacións recollidas nos diferentes medios de comunicación e como consecuencia das últimas eleccións locais, estanse a celebrar os plenos de organización das Corporacións Locais nos que se aproban asignacións económicas e adicacións exclusivas para Alcalde/Alcaldesas e outros membros da Corporación.
Vista a información publicitada , podemos asegurar que non hai ningún criterio xeral que o poda xustifar, pois cunha simple análise, podemos ver as grandes diferencias económicas entre uns concellos e outros.
UNIFOZ,considera que todos teñen e mesma responsabilidade, a de ser Alcaldes/Alcaldesas independentemente da profesión que tiñan antes de acceder ao posto.
UNIFOZ,considera que a diferencia de responsabilidade de un /unha Alcalde/ Alcaldesa está condicionado polas peculariedades de cada Concello (poboación, extensión, presuposto…), así pois pareceria lóxico que as asignacións economicas e o número de adicacións exclusivas estivera condicionado e regulado por lei en función dos criterios expostos.
Polo exposto, UNIFOZ presenta a seguinte MOCIÓN para que sexa tratada na Sesión Plenaria coa finalidade de que a Corporación Municipal traslade á Xunta de Galicia e Goberno do Estado a nosa petición coa finalidade de que se regule por lei os salarios dos/das Alcaldes/Alcaldesas así como o número e cuantía das adicacións.
O Portavoz
Jaime Cancio Rodríguez
SR. ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE FOZ
Foz a 08 de Xullo de 2011
NOTA DE PRENSA
UNIFOZ, e resposta a proposta do Sr Alcalde sobre o reparto de membros nas diferentes comisións e órganos colexiados asi como o número de comisións para tratar na sesión Plenari de Organización, fai a seguinte proposta:
COMISIÓN INFORMATIVA DE OBRAS E URBANISMO:
Titulares: Jaime Cancio Rodríguez, Ángeles Veiga Varela
Suplente: Ana María López Campoamor
COMISIÓN INFORMATIVA DE ASUNTOS PREPARATORIOS DE PLENO:
Titulares: Jaime Cancio Rodríguez, Ana María López Campoamor
Suplente: Ángeles Veiga Varela
COMISIÓN INFORMATIVA DE CONTAS ECONOMÍA E FACENDA:
Titulares: Jaime Cancio Rodríguez, Ana María López Campoamor
Suplente: Ángeles Veiga Varela.
MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS DA MARIÑA:
Títular: Jaime Cancio Rodríguez
CONSELLO ESCOLAR DO COLEXIO O CANTEL:
Títular : Ángeles Veiga Varela
Así mesmo manifestamos:
-Consideramos igual que Vostede que esa gran obra do Porto para Foz, ten que ter un trato preferente ,así pois sería necesario crear unha comisión para o seguimento da mencionada obra.
-Consideramos tamén de necesidade a creación unha comisión de Seguridade Cidadá, atendendo ás circunstancias especiais nas que se encontra o nos Concello e a Comarca nos últimos tempos.
-Pensando no consenso e diálogo político e necesario constituir e regular o funcionamento da Xunta de Portavoces.
-Tamén manifestar que na pasada lexislatura e a proposta do PP. de Foz naquel momento, había catro comisións mais: Obras e Servizos; Cultura ,Educación e Deporte ; Desenrolo e Promoción Social ; Sanidade, seguridade e M.Ambiente, asi pois si a idea e manter o mesmo que na pasada lexislatura, habería que manter tamén estas comisións.