Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ, manifesta a súa sorpresa pola decisión do alcalde de non permitir disfutar do espazo verde colindante coa praia da Rapadoira

Nota de prensa

NOTA DE PRENSA:
UNIFOZ, quere manifestar a súa sorpresa pola decisión unilateral tomada polo Sr Alcalde de non permitir que os veciños poidan disfutar do espazo verde colindante coa praia da Rapadoira, tendo en conta as razóns expostas, descoñecemos si a medida tamén afectará a outras praias, pois na fachada marítima da praia de Peizás hai un espazo tamén acondionado para tal fin.

A nosa sorpresa, non so se refire a decisión tomada, se non tamén a falta de diálogo e consenso así como a nula información ao resto dos partidos políticos, o que o pode xustificar a falta de percorrido político, tendo en conta que é un goberno en minoría. Que pasará se na seguinte Sesión Plenaria a Corporación non considera acertada a medida tomada?, o Sr Alcalde terá que anular a médida .

UNIFOZ, como xa manifestou en outras ocasións , e en particular na campaña electoral, consideramos como de urxente necesidade ordear a fachada marítima da praia da Rapadoira, e entre as medidas a tomar , é necesario ordear esta zona, pero con outro tipo de solucións, como podería ser a instalación de mesas acondicionadas todas iguais, e co servizo de aluguer diario as familias que así o quixeran, pois con esta medida non so actuaríamos na imaxe do entorno, senón tamén conseguiríamos ter unha fonte de ingresos para o Concello.

UNIFOZ , considera a medida tomada como desproporcionada, sen diálogo, sen información e sen criterio, da a sensación que polo día o entorno non se pode empregar para disfrute dos veciños para coidar o “prado” , e pola noite que pasa nese entorno?.

UNIFOZ, cree que é necesario, desenvolver un proxecto turístico para o noso pobo, onde se ordene o seu conxunto , praias e os seus entornos, patrimonio, accesibilidae, ….estou seguro que aqueles que fixeron para Foz un fermoso porto virtual seguro son quen de encontar mellor solución que a medida exposta.

Exit mobile version