A sociedade cultural Ledicia informa que o vindeiro domingo 17 de xullo, ás 19:30 h terá lugar na Praza da Mariña de Burela un espectáculo de contacontos dirixido a público infantil. Esta actividade forma parte do ciclo “CULTURA SOBRE RODAS” da Deputación Provincial de Lugo, e actuará a compañía PALIMOCO TEATRO coa obra “Queres que cho conte?”. É unha actividade aberta a tod@s @s nen@s que se atopen por Burela o vindeiro domingo
Un contacontos actuará na praza de A Mariña en Burela o domingo as 19:30h