Nota de prensa:
¿Non teriamos alcalde si a proposta dos 2500€/mes non saíra adiante?
Dos comentarios realizados estos días polo Sr. Lamela, nos que asegura que a decisión do BNG de apoiar o seu soldo é basada en “facilitar a gobernabilidade do Concello”, parece deducirse que si NON existise unha BOA compensación económica polo seu traballo o señor alcalde NON traballaría polo pobo.
Os compoñentes de UDIVAL non damos crédito a este tipo de declaracións-ameazas. Que unha persoa que, suponse presentábase para traballar polos seus veciños, poña conseguir a súa dedicación exclusiva como premisa para que Valadouro sexa gobernado é inadmisible.
Cando un se presenta a un cargo como éste ten que ter moi claro que si sae elexido estará ao servicio público e a remuneración ten que ser o último que lle preocupe. Non nos vale o argumento de que “para non cobrar hai que ser xubilado ou terratenente”, pois nadie parteu de que o noso alcalde non cobrase, senon que que puxese un soldo adaptado á realidade do pobo que vai gobernar.
Sobre os compromisos adquiridos por parte do equipo de goberno sobre a execución do polígono ou o Plan Xeral Urbanístico, queremos deixar claro que no pleno do martes o señor alcalde non se pronunciou. Os asistentes o único que sacamos claro daquela “representación de monicreques” que fixo PP e BNG, foi a importancia da retribución do Sr. Lamela e que un bo alcalde necesitaba moitas horas para afrontar “grandes obras urbanísticas”, ainda que nadie nos soupo concretar cales serían esas grandes obras…Así que estamos listos!!!
Si este señor cobraba ou non 1800 € na empresa na que traballaba, non é problema dos ciudadanos de Valadouro e ademáis supoñemos, pois nadie nos mostrou ningún xustificante, que esa nómina levaría recollidas unha serie de primas por antigüedade, desplazamentos, dietas,…( recordar que a antigüedade do Sr. Lamela como alcalde é de días).
Con ese baile de cantidades estase intentando confundir aos veciños, pero a realidade é que soldo do noso alcalde son 2.500€/mes (pois as retencións son parte do soldo) MÁIS Seguridade Social. Deixemos de DISFRAZAR a cantidade para que abulte menos.
O que sí está muy claro é que tanto Chao ( BNG) como Lamela (PP) , cos seus comunicados e declaracións, intentan xustificar o inxustificable e cubrirse mutuamente.