Nota de prensa
NOTA DE PRENSA
A Asociación Cultural e Deportiva Penalba-Colectivo Chilindrín, presentou esta tarde na Praza do Naufrago de Celeiro o Programa das Festas Patronais e do Mar de Celeiro do ano 2011(documento adxunto), que se celebrarán do 16 ao 27 de xullo. Na mesma estiveron presentes varios integrantes da Comisión de Festas, polos 16 membros da directiva e soci@s da ACD Penalba-Colectivo Chilindrín seguintes:
Bernardo Fraga-Presidente, Breixo Buján-Vicepresidente, Jesús Fernández-Secretario, David Cotelo-Vicesecretario, Borja González-Tesoureiro, Dario San Isidro-Vogal, Pastor Fernández-Vogal, Montserrat Ramil- Vogal, Suso G. Portilla-Vogal, David G. Portilla-Vogal, Javier Fustes, Sara González, Gabriel Insua, Francisco P. Teixeira, Saray Blanco, Mateo López
Entre os actos programados que comezarán o día 16 de xullo destaca a XIV Festa da Merluza de Celeiro, evento que comezará as nove da noite, e ten por obxeto promocionar a Merluza do Pincho de Celeiro, a mesma servirase nas seguintes especialidades: “a galega”, “especial Penalba”, “salsa verde”, “caldeirada”, “salpicón” e “empanada”. As racións manteñen o mesmo prezo que na última edición de 7 euros, agás a “especial Penalba” que terá un coste de 8 euros a ración.
Estará amenizada coa realización dunha gran queimada ás 12 horas e a actuación de DJ KANU e o dúo CHECHU E SALVA.
O evento está patrocinado por Puerto Celeiro S.A., Cofradía de Pescadores, Deputación de Lugo e Concello de Viveiro.
O Venres día 22 de xullo ás 20.30 horas, terá lugar a VI edición do Festival ARREAOCABO, este ano celebrarase na explanada da piscina e contará cos grupos EL ÚLTIMO KE ZIERRE, KOGITO, BYTHEFACE, RAIN IS ART E YUNO. A entrada será de Balde. Está patrocinado polo Concello de Viveiro, Delegación de Cultura da Deputación de Lugo, Pizzbur, Pub Copas, Máis Peixe, Puerto Celeiro S.A., Cofradía de Pescadores de Celeiro e Estrella Galicia.
As Festas Patronais e do Mar comezarán o día 23 de xullo e rematarán o día 27 co día do neno, o programa completo, adxuntámolo.
O orzamento aproximado de gastos previsto para as Festas Patronais e do Mar é de 62.000 euros, de 10.000 euros o Festival Arreaocabo, e 6.000 euros a Festa da Merluza. Cada una das actividades se financia por separado. A maiores, o Concello de Viveiro estima en 30.000 euros a aportación, que realiza incluíndo o Festival Arreaocabo e as Festas Patronais e do Mar de Celeiro.
Coma o ano pasado, a Comisión de Festas fará públicas as contas de todas as actividades realizadas, nunha reunión aberta a todos os veciños de Celeiro.
PROGRAMA FESTAS PATRONAIS E DO MAR. CELEIRO 2011.
SÁBADO 16 DE XULLO
XIV Festa da Merluza de Celeiro. A partir das 21.00 na Lonxa Vella de Celeiro.
Patrocina: Puerto Celeiro S.A. e Cofradía de Pescadores de Celeiro.
Colabora: Deputación de Lugo, Concello de Viveiro
DOMINGO 17 DE XULLO
Partido Soleir@s contra Casad@s ás 18:00 horas, Na Praia de Celeiro.
MARTES 19 DE XULLO
Música na Rúa, no Mirador da Atalaia: NO FUIMOS NOSOTROS.
MÉRCORES 20 DE XULLO
Música na Rúa, na Praza do Chao. Grupo BRÉTEMA (Colaboración da Aula de Adultos do Conservatorio de Música de Viveiro).
XOVES 21 DE XULLO
Música na Rúa, na Praia. FROM LOST TO THE RIVER
VENRES 22 DE XULLO.-Festival ARREAOCABO a partir das 20.30 horas na explanada da piscina.
Actuarán: EL ÚLTIMO KE ZIERRE, KOGITO, BYTHEFACE, RAIN IS ART, YUNO. Entrada de Balde.
Patrocinan: Delegación de Cultura da Deputación de Lugo, Concello de Viveiro, Pizzbur, Pub Copas, + Peixe, Estrella Galicia, Puerto Celeiro S.A. e Cofradía de Pescadores de Celeiro.
SÁBADO 23 DE XULLO.-
• 12:00: Chupinazo inicio das Festas.
• 12:15: Pasarrúas a cargo do Grupo de Gaitas “Nova Semente de Celeiro”.
• 13:30: Inauguración de exposición de fotos de Celeiro na Casa do Forno.
• 14:15: Sesión vermú coa Orquestra Abanico.
• 17:30: Pasarrúas “Nova Semente de Celeiro”.
• 21:00: Misa solemne cantada polo grupo “Escolma de Meus” de Viveiro. A continuación procesión de Baixada da Virxe do Carme ata o Porto acompañada pola Banda Naval de Viveiro e o Grupo Nova Semente de Celeiro.
• 23:30: Gran Verbena coa Orquesta ABANICO e Grupo MASTER.
DOMINGO 24 DE XULLO.- DÍA DO CARME.
• 11:00: Recepción de Autoridades na Cofradía de Pescadores de Celeiro.
• 11:30: Procesión Marítima e a continuación subida da Virxe do Carme ata a Igrexia Parroquial, acompañada pola Banda Naval de Viveiro.
• 13:00: Misa solemne cantada pola Coral Alborada de Viveiro.
• 13:15: Pasarrúas a cargo da Charanga Tastarabás.
• 14:15: Sesión vermú coa Orquestra Galilea.
• 18:00: Pasarrúas a cargo da Charanga Tastarabás.
• 18:30: Regata de veteranos.
• 22:30: Gran Verbena coas Orquestras GALILEA e e grupo OCÉANO
LUNS 25 DE XULLO.- DÍA DE SANTIAGO.
• 13:00: Misa solemne cantada pola Coral Alborada de Viveiro. Procesión acompañada pola Banda Naval de Viveiro.
• 13:00: Pasarrúas a cargo da Charanga Tastarabás.
• 14:15: Sesión vermú coa Orquestra Pontevedra.
• 18:00: Pasarrúas a cargo da Charanga Tastarabás.
• 18:15: Cucañas no porto.
• 19:00: Tirada de corda na Praia de Celeiro: Solteir@s contra casad@s.
• 22:30: Gran Verbena coa Orquestra PONTEVEDRA e DJ KANU.
•
MARTES 26 DE XULLO.- DÍA DE SANTA ANA.
• 12:00: Procesión dende a Capela de Santa Ana ata a Igrexa parroquial.
• 12:30: Misa solemne cantada polo Coro de Cervo. Procesión ata a Capela de Santa Ana acompañada pola Banda Naval de Viveiro.
• 13:00: Pasarrúas a cargo do Grupo “Nova Semente de Celeiro”.
• 14:15: Sesión vermú co Grupo SAMBA.
• 18:00: Pasarrúas a cargo do Grupo “Nova Semente de Celeiro”.
• 21:00: IX Festa da Cervexa e da Empanada.
• 22:30: Gran Verbena co Grupo SAMBA
MÉRCORES 27 DE XULLO.-
• 17:30: DIVERNENO.