Nota de prensa
A BILLARDA NA FESTA DO REQUEIXO E NO FESTIVAL DA CHAIRA
O primeiro foi o día 10 de xullo no circuito de cars da Pastoriza. Participaron mais de trinta palanadores que loitaron duramente baixo os raios dun sol ardente e donde resultaron vencedores: 1º Luis de Portonovo, 2º Geni de Ribadeo e 3º Marcos de Remourelle. Como peche da xornada algúns dos presentes poideron acompañar de copilotos aos irmáns VALLEJO nunha demostración de dominio do volante no circuito.
No campo da festa e acompañados polas probas de sonido dos grupos participantes no Festival, deu comezo o aberto de billarda con algo mais de corenta participantes que se iban eliminando a medida que o día se iba oscurecendo. Os que acadaron as semifinais acabaron enchoupados de agua, pero ainda así o torneo continuou ata acadar unha final a tres na que resultaron gañadores: 1º Ivan de Portonovo, 2º Reyes de Ribadeo e 3º Xermán de Lourenzá. Ámbolos tres recibiron os correspondentes trofeos e o Campión además será agasallado con un Xabarí.
A Billarda non paaara…