Site icon Crónica3.com A Mariña

Os Sendeiros de Foz xunto coa ampa do colexio do Pilar organizou a III Ruta dos pícaros

Nota de prensa

Hoxe sabado, 9 de xullo Os Sendeiros xunto co Ampa do colexio do Pilar de Foz organizamos a III RUTA DOS PÍCAROS. Este ano fixemos a senda da Capela de San Estevo do Hermo en Barreiros.
Ás 10,30 da mañá partimos un grupo de uns cincuenta persoas entre pais, nais e os protagonistas principais, Os Pícaros.
O día foi moi bo para a práctica do sendeirismo, sen sol pero unha temperatura ideal. Os Picaros disfrutaron do entorno da capela, a fermosa fervenza, e das árbores que nas súas polas colgaban os pañuelos dos romeros que cada ano limpan con auga as manchas da súa pel.
Os Sendeiros de Foz animamos e damos as grazas a os membros da Ampa do colexio do Pilar, pola colaboración e traballar polo coñecemento da natureza a os pícaros, que ao final e o máis interesante e importante cara ao futuro.

Exit mobile version