Site icon Crónica3.com A Mariña

Os presupostos son unha estimación sobre ingresos e gastos, explíca o PSOE ao PP de Burela que non atopou problema a un soldo de 47.000 euros, afirman

Nota de prensa

do grupo municipal do PSdeG PSOE de Burela

O alcalde de Burela, sr. González Barcia, non vai dar cumprido as promesas feitas en campaña electoral, totalmente carentes de rigor, e por elo está preocupado e a culpa é do anterior goberno municipal.

Hai que ser moi irresponsable e políticamente inepto para afirmar nos medios de comunicación que o último goberno municipal empregaba os cartos de todos en beneficio propio. Debe correxir inmediatamente esta afirmación o antes posible, polo ben da cultura democrática e da alternancia política.

Dirémolo unha vez máis. Os presupostos son unha estimación previa sobre os posibles ingresos e os posibles gastos que o Concello pode ter ao longo do ano ao que afecta ese presuposto. O do 2011 foi feito en base á situación económica actual, cun rigor serio, e claramente axustado ás circunstancias económicas , recalcando que é un trinta por cento inferior ao último executado por este señor no último ano do seu anterior mandato. Para non seguir alimentando este debate demagóxico, fácil e carente de contido, lle facemos as seguintes preguntas:
Sabe vostede, que son unhas cifras, que despois, ao longo do exercicio actual, se adaptan á realidade en función das necesidades do pobo?. Sabe vostede que os ingresos e gastos debes estar equilibrados, é dicir, ascender á mesma cantidade, tendo en conta que as economías dos concellos están extremadamente condicionadas por factores externos que estreitan os marxes de maniobra?. Sabe vostede que a limitación de gasto pode implicar a imposibilidade de atender obrigacións que se presentasen e por elo, en base á lexislación, se pode proceder a unha transferencia de crédito que supón un aumento de gasto compensado coa disminución de outro polo mesmo importe?. Sabe vostede que cando existe un gasto sen soporte presupostario pode aplicarse un suplemento de crédito, simultáneamente prevendo o ingreso co que financiarse: remanente de tesourería ou maiores ingresos recadados sobre os previstos?. Sabe vostede que a execución do presuposto contén as seguintes fases máis significativas: previsión inicial, previsión

definitiva, dereitos recoñecidos netos, recadación neta, obrigacións recoñecidas, pagos realizados, dereitos pendentes de cobro e remanante de tesourería?. Sabe vostede que estas variables son fundamentais para o seguimento da xestión local e a súa situación financieira?. E si non, que pida consello ao seu flamante concelleiro de economía, que suponemos e non dudamos, ten a capacidade suficiente para desempeñar o seu labor. Lembrarlle que o informe de Intervención referente ao orzamento xeral de 2011 recolle a seguinte consideración referida a que permite xerar un aforro bruto estimado de 495.000 €, polo que existe superávit en termos de estabilidade orzamentaria.

De tódolos xeitos, queda mostrada a incoherencia que predica e a coherencia que practica, xa que para un soldo exorbitado de 47.000 € anuais, non atopou nengún tipo de problema nos presupostos vixentes do concello.

Exit mobile version