Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE responsabiliza ao alcalde de Cervo do estado de abandono da praia do Torno

Nota de prensa

LARA MÉNDEZ LAMENTA O ESTADO DE ABANDONO DA PRAIA DO TORNO EN PLENO MES DE XULLO E RESPONSABILIZA A VILLARES DESTA SITUACIÓN

-A socialista asegura que “hai que saber potenciar o turismo xa que é un motor económico importante para Cervo pero Villares mira para outro lado”

-Sinala que “é unha pena ver o estado da nosa costa a poucos días da celebración das nosas Festas Patronais na honra da Virxe do Carme”

CERVO, 11 DE XULLO. A día 7 de abril, os socialistas de Cervo, denunciaron o abandono no que se encontraba a praia do Torno e esixían ó alcalde, Alfonso Villares, que solucionase a situación antes do verán. Tres meses despois, en plena época estival, o estado do areal é o mesmo. A voceira do Grupo Municipal Socialista, Lara Méndez, subliña que “é lamentable ver como a praia máis visitada e concurrida do Concello de Cervo se abandone desta maneira. Grazas á desidia e ineptitude do señor Villares, a area está chea de pedras, os baños da praia seguen sen portas e as instalacións están totalmente abandonadas”.

Lara Méndez ademais de esixirlle ó rexedor que “poña fin a esta situación canto antes pois máis vale tarde ca nunca”, sinala que “o turismo nos meses de verán é un motor importante para a economía do Concello de Cervo, en especial, para San Ciprian, por iso hai que saber aproveitalo ofrecendo uns bos servizos e dando unha boa imaxe do noso municipio. Pero parece que o señor Villares non é capaz de velo así e mira para outro lado. É vergoñento ver como se encontran as nosas praias para recibir ós turistas e visitantes así como para o uso e disfrute dos propios veciños neste tempo”.

A socialista destaca que “imos celebrar as Festas Patronais de San Ciprian na honra da Virxe do Carme e é unha pena ver o estado de abandono da nosa costa. O único responsable é o señor alcalde, Alfonso Villares, que foi elixido para xestionar o noso concello dunha maneira seria e eficaz pero adícase a facer todo o contrario, non se pode consentir que no mes de xullo teña a praia do Torno neste estado”.

O entorno da Mina, inaccesible
Méndez lembrou que “ademais do abandono das praias e das súas instalacións, o entorno da Mina está totalmente inaccesible, non se pode disfrutar del pola cantidade de pedruscos que alí se albergan. É unha lástima ver como os turistas e os propios veciños non poden disfrutar dos lugares maravillosos que ten o noso concello por culpa da pasividade e falta de preocupación do señor alcalde, que non fai nada por manter e potenciar o que temos”.

Exit mobile version