Nota de prensa:
COMUNICADO DE
PRENSA
PSdeG – Psoe de O Valadouro. Grupo Municipal.
No pleno corporativo onde co apoio do concelleiro nacionalista
Don Eduardo Chao, o señor Alcade sacou adiante o seu xeneroso
soldo. Comprometeuse a presentar o presuposto no mes de
setembro para poder encaixar dito gasto, dado que no concello
vense traballando con uns presupostos aprobados no 2009 e no
consta partida ningunha para prorrogar o que supón o salario e
seguridade social do Señor Alcalde dado que ningún anterior
rexedor tivo nunca dedicación exclusiva en Valadouro.
Aproveitando tal circunstancia vimos de presentar unha
moción para que se incluían nos mesmos a partida suficiente para
conceder unha axuda para todas as familias con fillos en idade
lectiva, o sexa dende a gardería ata a universidade.
Desgraciadamente en Valadouro no queda moita xente moza non
será po lo tanto un gran problema atopar unha financiación
adecuada para isto, que en todo caso será moito menor que os
47.000€ necesarios para o soldo y seguridade social do Alcalde.
Tamén presentamos outra moción para que unha vez rematado o
prazo de exposición a o publico das modificacións puntuais das
normas subsidirias que afectaron a o parque industrial se retomen e
se axilicen as xestións diante da Xunta de Galicia