Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE di que si o alcalde ten interese en mostrar os salarios dos políticos de Cervo que se lembre dos 8.000 euros mensuais que cobra Balseiro na Xunta

Nota de prensa

O PSOE DE CERVO ASEGURA QUE SE O ALCALDE COMPARA OS SALARIOS NO SEU CONCELLO E OS DA DEPUTACIÓN SAIRÁ PERDENDO

-Lara Méndez sinala que “non é posible comparar un Concello de menos de 5.000 habitantes cun presuposto de 5 millóns de euros coa Deputación Provincial”

– A socialista engade que “se Villares ten interese en mostrar os salarios dos políticos de Cervo que se lembre de todos por igual, que recorde tamén, por exemplo, os 8.000 euros mensuais que cobra Balseiro na Xunta”

CERVO, 5 DE XULLO. A voceira do Grupo Municipal Socialista de Cervo, Lara Méndez, tralas declaracións vertidas ós medios polo equipo de goberno en contestación as críticas polo gasto en salarios, asegura que “non é posible comparar os soldos dun Concello de 4.667 habitantes, cun presuposto de máis de 5 millóns de euros coas retribucións ós políticos da Deputación de Lugo, organismo que xestiona tódolos municipios da provincia, cun total de 350.000 persoas e que dispón duns orzamentos mais de 92.000.000 millóns de euros. Tendo os datos de cada organismo, a proporcionalidade de gasto para cubrir os salarios dos traballadores do ente provincial é moito menor, o rexedor cervense, Alfonso Villares, coas suas críticas tira pedras contra o seu tellado”.

Lara Méndez insiste en que “nun concello como Cervo non se pode consentir que o goberno permita os gastos dunha dedicación exclusiva, tres parcias, as xuntas de goberno de dous concelleiros e unha asesora, tendo en conta a alto endebedamento do Concello de Cervo. Ademais, se o señor Villares ten interese en dar a coñecer os salarios da Deputación de Lugo, que se lembre de todos por igual, que recorde tamén, por exemplo, os 52.000 euros anuais que o seu compañeiro Jose María González Barcia cobrou na anterior lexislatura sen ter responsabilidades de goberno”.

A portavoz socialista subliña que “o señor Villares ten unha fixación persoal coa Deputación, e se quere cobrar o seu salario da deputación que lle pedirá ao seu partido formar parte do grupo provincial e una das dedicacións que cobra o partido popular na oposición no ente provincial.

A socialista Lara Méndez engadiu que “se lle gustan as comparacións imposibles, e ten interese en poñer enriba da mesa o que gañan os políticos de Cervo, tamén se pode acordar do seu compañeiro de partido e concellal en Cervo, José Manuel Balseiro Orol, o que suma entre a asignación fixa e complementos polo seu traballo na Xunta de Galicia, un total duns 8.000 euros mensuais, sen contar os gastos do seu chofer ou do asesor persoal. Pola miña parte, poderíamos seguir comparando todos os salarios e retribucións polo noso traballo, pero seguro que ó señor Villares e ós seus compañeiros de partido non lles interesa moito seguir por este camiño”.

Exit mobile version