Nota de prensa
O PSdG- PSOE de Foz denuncia o estado de desidia e abandono no que se atopan moitas zonas de Foz.
Como por exemplo as cunetas da estrada de entrada a Foz,vindo do lado de Viveiro, onde malas herbas e silvas dan un penoso recibimento as persoas que circulan por ela.
Si unha das principais arterias de entrada o pobo se atopa nese estado, imaxinable é como se atoparan os camiños das parroquias, moito menos transitados que esta estrada.
Os paseos de Arealonga, Pampillosa…. tamén están sen desbrozar presentando unha imaxe de abandono evidente, en pleno mes de xullo cando son moitos os veciños e turistas que se achegan a disfrutalos.
Dicirlle o Alcalde pense menos no seu salario e nas “vikingadas” e que empece gobernar preocupándose polo estado do Concello e que hai moitas mais herbas que as do prado de Ramos, que parecen ser as únicas que lle preocupan.