Site icon Crónica3.com A Mariña

O presidente provincial do PP vai participar na redacción do programa electoral para as estatais

Nota de prensa:
Barreiro participará na redacción do programa electoral do Partido Popular para as vindeiras eleccións nacionais

Encargarase de coordinar o grupo de traballo establecido para diseñar as estratexias relativas á área de Economía, Competitividade e Emprendemento

Lugo, a 4 de xullo de 2011.- O senador lucense José Manuel Barreiro encargarase de coordinar unha das seis unidades estratéxicas sobre as que o Partido Popular sustentará o seu programa electoral de cara as vindeiras eleccións nacionais.

En concreto, Barreiro, voceiro de Economía do grupo popular na Cámara Alta, dirixirá a área de Economía, Competitividade e Emprendemento e como tal, ademais de realizar unha análise sobre a situación actual e os posibles escenarios futuros, establecerá, xunto co grupo de compeñairos que coordinará, os criterios de actuación e obxectivos futuros nas doce subáreas nas que se estructurou esta primeira liña estratéxica.

Así, abordaran aspectos relativos á vivenda; turismo; agricultura, gandeira e pesca; tecnoloxías da información, a comunicación e coñecemento; infraestructuras; Pemes e autónomos; política e reforma enerxética; reforma e política fiscal; finanzas públicas, sistema financieiro, unidade de mercado, política de competencia, comercio exterior, comercio minorista, apoio á internacionalización empresarial; sector industrial; unidade de mercado e desregulación, órganos reguladores; emplego, mercado de traballo, apoio a emprendedores e sistema de pensións.

As cinco áreas programáticas restantes refírense á educación, á reforma do sector público, ó fortalecemento institucional e rexeneración pública, á sociedade do benestar e á proxección exterior.

Os populares iniciarán as reunións de traballo para definir o programa electoral a mediados do presente mes e, segundo as previsións que barallan, agardan ter pechado o documento a finais do vindeiro mes de setembro.

Exit mobile version