Nota de prensa:
Pide autorizar as accións de caza anuais que se consideren oportunas no Refuxio de Fauna de Trabada por ser considerado foco principal destes animais e permitir a revisión dos plans de caza á metade de tempada co fin de ampliar os cupos en caso de ser necesario
O PPDEG SOLICITA NO PARLAMENTO DECLARAR AOS CONCELLOS DE TRABADA, BARREIROS, RIBADEO E LOURENZÁ COMO OBXETIVO UN EN CANTO AOS DANOS OCASIONADOS POLO XABARÍN
Na iniciativa popular tamén se solicita revisar as ordenes de axudas aos tecores co fin de mellorar as condicións dos hábitats das especies de faunas cinexéticas primando as encamiñadas a prevención dos danos da poboación de xabarís
Os populares galegos piden promover a responsabilidade entre agricultores, gandeiros, cazadores e Administración a fin de paliar os danos ocasionados polo animal
Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2011.- O PPdeG, a través dos deputados Emma Álvarez Chao e José Manuel Balseiro Orol, veñen de presentar no Parlamento de Galicia unha Proposición non de Lei encamiñada a declarar aos concellos de Trabada, Barreiros, Ribadeo e Lourenzá como obxectivo un dentro da clasificación en canto a danos ocasionados polo xabarís unha vez estes sexan contrastados. Nese sentido Emma Álvarez xa adelantou nos últimos días a presentación desta iniciativa de impulso parlamentario, despois de reunirse cos responsables da recen creada Asociación de Afectados polos Danos dos xabarís e de obter o compromiso da Xunta de Galicia, a través do director xeral de Conservación da Natureza, Ricardo García-Borregón, da plena disposición a levar a cabo as medidas necesarias ante a problemática que se está a producir ante a excesiva poboación de xabarís na zona.
Na iniciativa os populares tamén solicitan da Xunta de Galicia autorizar as accións de caza anuais que se consideren oportunas no Refuxio de Fauna de Trabada, por ser considerado foco principal ou refuxio de xabarís e permitir a revisión dos plans de caza anuais á metade da tempada en zonas obxectivo un a fin de ampliar os cupos en caso de ser necesario.
Tamén se solicita revisar as ordenes de axudas aos tecores, a fin de mellorar as condicións dos hábitats das especies de faunas cinexéticas primando as encamiñadas a prevención dos danos da poboación de xabarís e promover a responsabilidade entre agricultores, gandeiros, cazadores e Administración co fin de paliar os danos ocasionados pola fauna cinexética.
Noutro dos puntos da Proposición non de Lei se insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno do Estado co fin de que valle correctamente a A-8 entre os puntos kilométricos 506 e 513, o seu paso polo concello de Ribadeo, así como as zonas de servidume a fin de que estes animais non poidan entrar na autovía, dada a siniestralidade que se está a producir na zona por este motivo.
Para a deputada popular Emma Álvarez Chao a problemática nos concellos dos que se solicita a declaración como obxectivo un consisten nos numerosos danos ocasionados por estes animais en todo tipo de cultivo (horta, pastizais) sendo particularmanete dañinos nas plantacións de millo, que experimentaron un crecemento moi importante nos últimos anos para a alimentación da gandería.
Na iniciativa popular tamén se insta á Xunta de Galicia a dirixirse á Administración do Estado para que negocie con Agroseguro que os danos ocasionados nos cultivos por xabarís non sexan reclamados polas compañías de seguro aos Tecores de caza.
Emma Álvarez Chao indicou que a Proposición non de Lei presentada para o seu debate en pleno xa a deu a coñecer os pasados días ao presidente da Asociación de Afectados polos Danos dos xabarís así como aos responsables dos tecores.
Segundo Álvarez Chao os danos que orixina a fauna cinexética son responsabilidade dos Tecores da zona (San Fernando de Trabada, Suso do Moreno e o Faisán de Ribadeo, o Val de Lourenzá e San Bartolo de Barreiros) e todos eles cumpren os seus plans cinexéticos e inclusive este ano pediron ampliación do cupo de xabarís a Administración. Para a deputada popular é imposible habilitar por parte da Administración autonómica unha partida orzamentaria o suficientemente ampla para facerlle fronte aos danos que fan na propiedade privada, aínda que se poden articular medidas promovidas á solución do problema que está vivindo a zona a consecuencia da excesiva poboación deste animal.