Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo ve “lentitude” na procura de solucións aos asolagamentos as vivendas e estradas lindantes coa zona das obras da autovía do Cantábrico

Nota de prensa

O PP acusa ao goberno local de “deixadez”coa A-8 e despreocupación no intento de aforro en dietas
 Candia considera que a reunión “chega tarde” e critica que sexa metade da corporación os que acudan a unha reunión con Fomento en A Coruña xa que incrementa os gastos no Concello

A portavoz local do Partido Popular, Elena Candia, xunto con membros do equipo, critican a

Tras sete anos do inicio das obras, o rexedor local, Orlando González; o primeiro tenente de alcalde, Modesto García e o concelleiro de Cultura e Turismo, Xusto Fernández, decidiron manter unha xuntanza con membros da Delegación de Fomento na Coruña. Ademais da despreocupación demostrada durante sete anos, Candia queixase ante o feito de que se desprace metade corporación municipal ata Coruña, o que “ocasiona un incremento dos gastos e dietas dun Concello que eles mesmos definen como nunha situación económica precaria”.

Candia recorda que a xestión “chega tarde” xa que no ano 2008 aprobouse por unanimidade a creación dun Plan de Emerxencia que contemplaba a búsqueda de solucións ao problemas ocasionados pola A-8. A portavoz local asegura que durante estes anos “dende o goberno fixeron caso omiso ao plan despreocupándose da necesidade de levar a cabo obras de canalización para a captación da auga”.

Segundo Candia, a reunión que mantiveron membros do goberno local ven incentivada pola moción presentada polo PP que será sometida a consideración do Pleno Municipal. Nela o PP solicita información sobre os novos enlaces da autovía do Cantábrico coa cidade, así como unha solución a unha problemática que está a afectar agora mesmo aos veciños e probablemente tamén cando a autovía entre en servizo.

Exit mobile version