Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Lourenzá quere restrinxir o aparcamento en Fernández del Riego e Paseo de Oya a unha das súas marxes

Nota de prensa

Grupo municipal Partido Popular

Levando ao Pleno a proposta de só aparcar por un dos márxenes.

O EQUIPO DE GOBERNO LAURENTINO PRETENDE ALIVIAR O TRÁNSITO DE VEHÍCULOS POR DÚAS DAS SÚAS RÚAS

• Tratase de Fernández del Riego e Paseo de Oya

• En ámbalas dúas hai habilitados dende fai uns meses aparcadoiros municipais

Lourenzá, 24 de xullo do 2011.- O equipo de goberno do Concello de Lourenzá leva a Pleno a través dunha proposta de alcaldía a adopción do acordo de rextrinxir o aparcamento nas Rúas Fernández del Riego e Paseo de Oya a unha das súas marxes.

O motivo non é outro que as dificultades que supón para os vehículos os tránsito por estas rúas ao haber vehículos estacionados aos dous márxenes.

En ámbalas dúas rúas hai habilitados dende fai uns meses aparcadoiros municipais polo que estimamos que non se terá por que ver afectado o estacionamento no casco urbano, non obstante a Corporación Municipal acordará o que estime convinte.

Exit mobile version