Este mércores, día 13 de Xullo , ás oito e media da tarde , na Casa da Cultura de San Ciprián o grupo de teatro Ardora estreará a peza “Nécoras verdes”, orixinal de Francisco Piñeiro e dirixida por María Paz Rodriguez Silva dentro da programación das festas do Carme. “Ardora” teatro cumpre así o seu primeiro lustro escénico , cinco anos de esforzos, emocións e traballo para un grupo formado exclusivamente por mulleres que conta con máis de trinta representacións coas súas obras “A criada xorda”, Desde O Porto a San Ciprián ,“Estigmas” e “Residencial paradiso”.