Nota de prensa
AS CONCELLERÍAS DE SERVIZOS SOCIAIS E MEDIO AMBIENTE ANIMAN AOS VECIÑOS A PARTICIPAR NA CAMPAÑA SOLIDARIA TAPÓNS PARA DIOGO.
Burela, 19 de xullo de 2011. As Concellerías de Servizos Sociais e Medio Ambiente de Burela animan aos veciños a participar na campaña Tapóns para Diogo.
Segundo explican as responsables destes departamentos, Diana Durán e Patricia López, “o neno Diogo Farinhoto de 2 anos e veciño de Caminha (Portugal) naceu sen a man dereita. A súa nai está a buscar 19 toneladas de tapas e envases de plástico de refrescos, iougures, zumes, produtos de limpeza, cosméticos… a cambio dunha prótese mioeléctrica, xa que hai unha empresa de embalaxe disposta a costear a operación. Dita firma emprega na súa producción plástico reciclado e esa é a moeda de cambio que terá que pagar a nai de Diogo”. Desde o Concello de Burela fan un chamamento á poboación “para facer entre todos que o soño de Diogo sexa unha realidade”.
Os interesados en participar nesta campaña solidaria deben depositar os tapóns nos colectores que o Concello instalou para este fin na Casa da Cultura, na Casa da Xuventude e no propio Concello. As Delegacións de Servizos Sociais e Medio Ambiente distribuiron por Burela carteis informativos sobre esta campaña solidaria.