Cervo, 4 de xullo de 2011.- Os integrantes do equipo de fútbol xuvenil do C.D. San Ciprián foron recibidos o pasado venres no salón de actos da Casa Consistorial de Cervo polo alcalde, Alfonso Villares, e os concelleiros José Ramón Soto (Deportes) e Tania González ( Servizos Sociais e Cultura). O acto tiña por obxecto homenaxear aos xogadores e ao plantel técnico e directivo que nesta tempada teñen acadado o ascenso á liga galega de xuvenís, ademais de terse proclamado campións provinciais da súa categoría e campións do trofeo “Élide” (Copa Deputación)