Nota de prensa:
PLAN DE EMPREGO MUNICIPAL 2010: UN INVESTIMENTO DE 50.000 EUROS.
No Concello veñen de facerse públicos os números do PEM (Plan de Emprego Municipal) 2010, que está prácticamente pechado a falla duns pequenos flecos.
O PEM de Xove ten dúas vias, unha destinada á CONTRATACIÓN e outra ao AUTOEMPREGO.
A destinada á CONTRATACIÓN ten como obxecto facilitar a inserción laboral das persoas desempregadas veciñas do municipio de Xove. Está dirixido a empresas que contraten persoal veciño con residencia efectiva no noso Concello. Dentro desta modalidade, as axudas teñen as seguintes características:
-As empresas poden acollerse a unha subvención de ata 6.010 €uros.
-Subvención a contratacións laborais indefinidas: ata un máximo de 902 €uros ao ano.
-Subvencións a contratacións laborais temporais de seis ou máis meses de duración: ata un máximo de 602 €uros ao ano.
Cando a contratación sexa realizada cunha muller a contía da subvención incrementarase en 300 €uros aoano.
No caso de AUTOEMPREGO, o obxecto á axudar a financiar proxectos empresariais que posibiliten que as persoas desempregadas, veciñas do municipio de Xove, acaden emprego establecéndose como autónomas. Esta modalidade está dirixida a persoas desempregadas veciñas do noso Concello que se establezan como autónomas. Neste caso, as axudas:
-As persoas autónomas poderán acollerse a unha subvención de ata 1.502 €uros.
-As persoas desempregadas que se establezan como autónomas poderán acollerse a unha subvención equivalente ao importe da súa Seguridade Social co límite máximo de 1.202 €uros durante o primeiro ano.
-Cando a alta sexa realizada or unha Muller a contía da subvención incrementarase en 300 €uros.
Despois de explicar estas dúas vías, imos xa aos datos concretos do ano 2.010. No caso de CONTRATACIÓN (contratos por conta allea, tanto de empresas de Xove como de fora de Xove), durante o pasado ano beneficiáronse nesta modalidade un total de 87 persoas de Xove (38 mulleres e 49 homes). Destes 87 contratos, 32 foron novos contratos, e os restantes 55 son prórrogas. Tamén resaltamos, que dentro destes 87 contratos, 56 foron contratos indefinidos e 31 temporais, sendo o alto número de contratos indefinidos o máis significativo.
En canto ás empresas que se beneficiaron do PEM de Xove, 20 son empresas que están establecidas no noso Concello e 23 en concellos de fora.
Na segunda vía, a do AUTOEMPREGO, os datos do pasado ano son os seguintes: houbo un total de 9 autónomos beneficiados con este Plan, 7 dos cales foron iniciados, ousexa, novos proxectos e só 2 prorrogados, ousexa, proxectos comezados en anos anteriores ao 2.010.
Para rematar, decir que o PEM 2.010 contou cuns investimentos duns 50.000 €uros, cos cales o Concello de Xove pretendeu axudar ás persoas (homes e mulleres) que están en paro no noso Concello, colaborando ao mesmo tempo na posta en marcha de novas iniciativas e proxectos.