Nota de prensa:
O CONCELLO ORGANIZA UN CURSO DE SURF PARA NENOS MAIORES DE SETE ANOS QUE SE CELEBRARÁ OS DÍAS 7 E 8 DE XULLO NA PRAIA URBANA.
Burela, 1 de xullo de 2011. Ata o vindeiro 5 de xullo está aberta no Concello de Burela a inscrición para participar no curso de surf A túa primeira onda, que organiza o propio Concello coa colaboración da Área de Deportes da Deputación e da escola de surf Hola Ola de Ribadeo. Segundo informa a concelleira de Xuventude e Deportes, Beatriz Piñeiro, “a inscrición nesta actividade é gratuita. Está dirixida a nenos maiores de 7 anos e é obrigatorio que saiban nadar. As prazas son limitadas”. A túa primeira onda celebraráse os días 7 e 8 de xullo na praia urbana de Burela en horario de 10 a 12 horas e de 12 a 14 horas.
Liga de pádel
Tamén está aberto o prazo de inscrición para participar na primeira liga de pádel Concello de Burela. Os interesados poden anotarse ata o 6 de xullo chamando ao seguinte número de teléfono: 608 55 50 15. As prazas son limitadas e a inscrición é gratuita.