Nota de prensa:
O Centro Comarcal de A Mariña Central (Mondoñedo) acollerá durante o mes de xullo a obra do artista de alemán afincado en San Román (O Vicedo), Axel R. Okelman.
Okelman é un recoñecido artista de “ocogravados”, técnica que comezou en 1982 unha vez finalizados os seus estudos de Enxeñería Mecánica.
Durante 20 anos traballou como examinador na Oficina de Patentes e Marcas de Munich, ó tempo que estudaba técnicas artísticas. Foi alumno de gravado de Lieselotte Schober en Göttingen e completou estudos en Hannover, Giessen e Munich.
Unha vez establecido en Galicia dedícase plenamente ó ocogravado, unha técnica moi laboriosa na que as imaxes son transferidas ó papel a partir dunha superficie con depresións que conteñen tinta (a diferenza do gravado tipográfico, no que a impresión se realiza a partir dunha superficie plana con liñas en relevo que son entintadas).
A exposición comprende obras de gran beleza, fundamentalmente paisaxes e lugares de aquí e acolá, ós que o artista consigue transmitir sensacións e sentimentos..
Esta exposición poderá visitarse no Centro Comarcal da Mariña Central durante todo o mes de xullo en horario de 10:00 a 17:00 de luns a venres , e os sábados de 10:00 a 14:00. O artista recibirá ós visitantes da exposición todos os venres do mes.
Para acadar máis información acerca desta exposición poden poñerse en contacto co persoal do Centro no 982 889 301 ou a través do correo electrónico; ccmarinacentral@comarcasdegalicia.com