Site icon Crónica3.com A Mariña

O Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base Burela FS díxolle adeus á súa quinta edición

Nota de prensa

INVESTIMENTO DE FUTURO

O Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base Burela FS díxolle adeus á súa quinta edición o sábado cun torneo. A concelleira de Xuventude e Deporte, Beatriz Piñeiro, participou no acto de clausura e entrega de diplomas xunto á directiva e profesorado do clínic, despedindo a semana protagonizada polo deporte e os máis pequenos.

Os 41 alumnos/as pecharon as portas do clínic laranxa coas ensinanzas do xogador burelista Víctor Cachón. Para poñer en práctica todo o aprendido durante os catro días do campus, o toque de emoción chegou pola tarde cun torneo entre as diferentes categorías.

O director da ED EON Burela FS e coordinador xeral do campus, Alfonso Mera, agradeceu a todos os convidados e o alumnado a súa presenza e destacou a importancia de continuar con esta cita, cada vez con máis peso. “É unha satisfacción poder seguir co campus cando hai tantos que xa non poden celebrarse. A participación de rapaces de diferentes puntos de Galicia e incluso de fóra dá unha idea do interese do campus e da súa proxección; pode ser o momento de estudar a posibilidade de ampliar a súa duración porque está tendo moi boa aceptación” explicou Mera.

Exit mobile version