Nota de prensa
O XOGADOR DE ELPOZO ADRI, NO V CAMPUS BURELA FS
A quinta edición do Campus Mixto Internacional Burela FS (13-16 de xullo) contará coa presenza do xogador de ElPozo Murcia Turística Adrián Martínez Vara, Adri. O ferrolán compartirá co alumnado a xornada inaugural da cita laranxa.
O ala, de 24 anos, visitará o campus mariñán antes de estrear a súa carreira deportiva lonxe de Galicia, nun dos clubs máis prestixiosos da Primeira División, despois de formarse nas categorías de base (1999-2003) e militar no Parrulo FS Ferrol (2003-05) e de seis tempadas no Azkar Lugo (2005-11). Entre o seu palmarés figuran unha Recopa de Europa (2005), unha Copa Xunta de Galicia, un Campeonato de España xuvenil e un campeonato de España infantil.
A visita do novo xogador de ElPozo súmase á xa confirmada do seleccionador nacional de Romanía, Sito Rivera.
O campus laranxa conta co patrocinio da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, Fundación Imdecum e o Concello de Burela, ademais da esponsorización de Joma e Living Sport e da colaboración do Concello de Cervo, Construcciones Saa SL, IES Monte Castelo, CEIP Vista Alegre, Tehmar, Viajes Terra Mar, Palacio de Cristal, Bifrutas e Gráficas Arfe. A Mariña-El Progreso é o xornal oficial da cita, cuxo grupo asegurador responde a Eje Atlántico e Costa de Lugo Aseguradores.