Nota de prensa
RO RUBRICA A SÚA CONTINUIDADE NA ESCUADRA BURELISTA
“Nestes dous anos na elite cumpríronse e incluso se superaron as expectativas; o coñecemento da categoría e as incorporacións, sumado ao esforzo e traballo da nosa base, darannos ese plus necesario para ser máis ambiciosas nos obxectivos e mellorar o xa feito”, dixo a pivote, de 25 anos, expresando a súa confianza na evolución do proxecto.
Marcelino Luna destacou a importancia da permanencia de Ro, que comparte o título de pichichi laranxa 2010-11 coa tamén renovada Lucía, con 25 dianas. “A visión da portería de Ro xa se converteu en marca Denominación de Orixe para o equipo, unha xogadora da terra que con moito traballo conseguiu posicionarse como un dos máximos referentes do deporte de elite da comarca e un exemplo a imitar para os máis pequenos“ asegurou o directivo.