Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Cervo que percibe 39 mil euros ao ano interesase por remuneracións superiores a súa

Nota de prensa:
O ALCALDE DE CERVO CUALIFICA AS CRITICAS DA PORTAVOZ SOCIALISTA COMO “ALARDE DE FRIVOLIDADE”

Cervo, 9 de xullo de 2011.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, quixo saír ao paso das manifestacións verquidas pola voceira socialista deste municipio hai uns días onde afirmaba que o rexedor cervense “tiña as de perder” se comparaba o seu soldo co dela como responsable da Deputación provincial.

“Unha vez que é coñecida a cantidade anual que percibirá esta señora nos vindeiros catro anos da Deputación non podo máis que cualificar como pura frivolidade as criticas que verteu hai uns días contra nós” sinalou o rexedor. “Porque non se pode cualificar máis ca de frivolidade que se atreva a cualificar de excesivo o meu soldo de 39.000 euros anuais brutos e dous días despois lle aproben na Deputación un salario de 57.000 euros brutos ao ano” recalcou o alcalde.

“Se collemos ao pé da letra as súas críticas [da portavoz socialista], nas que dicía que eu ía saír perdendo se comparaba o meu soldo co dela, teño que dicirlle que é unha falta de respecto aos cidadans referirse con esa lixeireza en termos de gañar ou perder, porque todos son soldos que saen de fondos públicos. De todas formas, e segundo a súa forma de expresarse, si ela di que eu saio perdendo, o que está claro é que ela, con 57.000 euros de soldo ó ano, sae gañando” dixo.

Por último, Villares quixo tamén lembrarlle á portavoz socialista que ese soldo anual de 57.000 euros que percibirá será para desempeñar un cargo nunha administración cualificada como “pouco eficaz ed innecesaria” polo propios responsables do PSOE nacional. “O seu portavoz xeral e futuro candidato ás próximas eleccións polo PSOE, o señor Rubalcaba, amouse non hai moito tempo partidario de suprimir organismos intermedios como as Deputacións” dixo Villares. “Por iso, non estaría de máis que antes de criticar, os señores do Psoe se poñan de acordo e unifiquen criterios básicos, porque se non, é moi difícil que podan conservar a pouca credibilidade que aínda lles queda”.

Exit mobile version