Nota de prensa:
ALFONSO FUENTE AGARDA QUE A FINAIS DE MES ESTEAN REMATADAS AS OBRAS QUE SE ACOMETEN NOS ACCESOS A SAN CAETANO.
Barreiros, 8 de xullo de 2011. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, agarda que a finais de mes estean rematadas a obras de reposición do talud que caeu hai uns meses nos accesos a San Caetano por mor das intensas chuvias que sufriu a comarca.
Fuente Parga sinalou que “as obras xa se están acometendo estes días, pero para facelas, tal e como manifestei en diversas ocasións, tivemos que conseguir os fondos necesarios para proceder ao seu financiamento. Contamos cunha partida da Consellería de Medio Rural da Xunta e agardo que estean listas para as festas que se celebran alí a finais deste mes”. O alcalde explicou que “cos traballos que estamos a realizar eliminaremos tamén o risco de que puidese romper a tubería de auga que pasar por esa zona”.
O rexedor amosóuse satisfeito pola marcha das obras.