Nota de prensa
O NOVO BURELISTA QUIQUE GARCÍA INAUGURARÁ O CAMPUS LARANXA
O novo adestrador do Burela FS, Quique García, inaugurará mañá o V Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base Burela FS. O técnico xienense, que foi presentado esta mesma tarde na sede do club, compartirá as primeiras sesións técnico-tácticas co alumnado do clínic, que tamén contará na primeira xornada coa visita do xogador de ElPozo Murcia Turística Adri e dos burelistas Javier Pardeiro e Irene.
Un total de 41 rapaces/as de entre 7 e 14 anos descubrirán moitos dos segredos do fútbol sala con estes e outros profesionais ata o sábado en adestramentos e xogos cooperativos, distribuídos nos pavillóns burelaos de Vista Alegre, Monte Castelo e Os Castros.
Para Quique García o campus será o primeiro contacto co fútbol sala burelista, unha faceta a da formación de base coa que o técnico se sente “moi identificado posto que “son un adestrador de club; en todas as entidades ás que pertencín adestrei dende prebenxamíns ata xuvenís masculinos e femininos e espero seguir con este labor porque é realmente gratificante”.