Nota de prensa
OTA DE PRENSA
NNXX perfila o temario a tratar na Escola de Formación “Manuel Fraga” que formará aos xóvenes “para afrontar o día a día que vivimos”
Política xuvenil, os nacionalismos, o terrorismo ou o estado das autonomías son algunhas das temáticas que recolle o programa da futura escola
Lugo, 7 xullo de 2011.- Novas Xeracións da provincia de Lugo ultima o temario da Escola de Formación “Manuel Fraga” que se porá en funcionamento en breves e coa cal o presidente provincial, Daniel Vega, cumpre cun dos proxectos recollidos no seu programa. Segundo Vega, a Escola da formación axudará a formar aos xóvenes para “afrontar con gran forza o día a día no que vivimos”.
A temática da escola organizarase en dous periódos –inverno e verán– e tratará diversas áreas vinculadas cos ámbitos político e xuvenil. Así, os temas resúmense en oito grandes áreas: política xuvenil –construíndo o noso futuro–, os nacionalismos en Galicia e outras comunidades autónomas, o terrorimo, políticas laborales, o educación-estado das Universidades; España, realidade de realidades; o Estado das Autonomías e a Política hoxe en día.
Segundo Vega, a escola de formación “ten que ser un intrumento moi importante dentro do seo de NNXX”, ata o punto de que segundo o presidente provincial “unha escola de formación ten que ser primordial e debe marcar o rumbo da formación político xuvenil”.
Neste sentido, o presidente provincial da agrupación político xuvenil argulle que os xóvenes do Partido Popular de Lugo “queremos estar formados para afrontar con gran forza o fía a día no que vivimos, sobre todo atendendo as inquedanzas e ás problemáticas de cara ao futuro”.