Nota de prensa
Nota de prensa de MariñaPatrimonio sobre O patrimonio arqueológico de A Mariña no 2º Congreso Internacional de Arqueoloxía de Vilalba.
O 2º Congreso Internacional de Arqueoloxía de Vilalba, organizado polo Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba e que terá lugar nesta vila entre os días 20 e 23 de xullo, contará coa presenza do patrimoinio arqueolóxico da Mariña a través de tres ponencias que estudan diferentes aspectos dos xacementos arqueolóxicos da praia de Area en Viveiro, do castro da Atalaia en San Cibrao e o xacemento do paleolítico inferior do río Covo en Cervo.
Entre as ponencias deste congreso, as relacionadas coa Mariña son:
“Pesca e marisqueo no xacemento de Area (Viveiro, Lugo)”
“Marisqueo, pesca e forxa no Castro de Punta Atalaia(San Cibrao, Lugo), avance de resultados do cuncheiro”. O cuncheiro obxecto de estudo foi parcialmente destruído polo concello de Cervo no ano 2006 con motivo da construción do polémico e inacabado observatorio de aves.
“Novos achados inferopaleolíticos na Área Cantábrica Lucense”. Estudo sobre os útiles líticos do paleolítico inferior que Mariñapatrimonio localizou en distintos puntos da Mariña como a enseada de Cegoñas – A Rega (Ribadeo); A Pampillosa en Foz e en Cervo os localizados na Senra, Trasbar , Viladesuso , Guioncho así como o destacado xacemento das terrazas do río Covo, onde se levan atopado máis de vinte útiles.
Dende Mariñapatrimonio amosamos a nosa satisfacción porque o Patrimonio arqueolóxico da Mariña sexa motivo de estudo por especialistas de recoñecido prestixio e estea presente neste 2º Congreso Internacional de Arqueoloxía.
Achegamos o programa do Congreso e nesta ligazón pódense ver fotos do concheiro da Atalaia https://picasaweb.google.com/mr.patrimonio/CuncheiroDoCastroDaAtalaia
e dos útiles líticos atopados na Mariña. https://picasaweb.google.com/mr.patrimonio/UtilesLiticosPaleoliticoInferior?authkey=Gv1sRgCML1z6qbhL2TggE
En Viveiro, a 19 de xullo de 2011