Site icon Crónica3.com A Mariña

Independentes de Viveiro (iVi) formula nove preguntas para o pleno que se celebra este m

Nota de prensa

Independientes de Viveiro

O Concelleiro abaixo firmante, Guillermo Leal Arias, portavoz do GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO INDEPENDIENTES DE VIVEIRO (iVi), no Concello de Viveiro,

EXPÓN:
Que ao amparo do disposto no art. 35 da LEI DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN; no art. 77 da LEI REGULADORA DE BASES DE RÉXIME LOCAL, LEI 7/1985 de 2 de abril; no texto refundido das disposicións legais vigentes en materia de réxime local aprobado por R.D. 781 7 86, de 18 de abril e dos atrs. 14, 15 e 16 do reglamento de organización, funcionamento e réxime xurídico da entidades locais, aprobado por R.D. 2568/86, de 28 de novembro e demais normativa legal procedente e que resulte aplicable, realiza as seguintes:

PREGUNTAS
1.- Por parte de varios vecinos de Celeiro, fixeromnos chegar as súas queixas polos malos olores, que desprende dun tempo a esta parte, a depuradora do Concello no cruce de Celeiro. ¿Sábese a que é debido ese problema?, ¿fíxose algunha xestión por parte do Concello coa empresa concesionaria para solucionalo?.
2.- No pleno do pasado 30 de Decembro de 2010, os Concelleiros non adscritos presentáron unha moción para o cambio de ubicación da embarcación A Pomba , para que fose trasladada a Celeiro, retirando a que se atopa frente a piscina municipal, desguazala e poñer no seu sitio A Pomba. Dita moción foi aprobada por unanimidade. Por parte da alcaldía marcábase un prazo de 60 días para facelas actuacións e tamén buscala financiación para acomoter dito proxecto. A pesar do tempo transcurrido ambálas embarcacións seguen no seu lugar. ¿fíxose algunha xentión ó respecto?, ¿Cando está previsto realizar a proposta?.
3.- O Souto da Retorta, na parroquia de Chavín ata fai poucos días estaba totalmente desatendido na súa limpeza, cheo de maleza, e cunha entrada que deixa bastante que desexar.¿A quen corresponden esas actuacións nesa zona?, ¿Poderíase adecentar a entrada para poder aparcar os vehículos?
4.- Dende o mes de Abril a praza de Secretario/a municipal do Concello esta vacante, ¿está previsto á curto prozo a incorporación en breve para cubrir ese importante cargo para o bo desenvolvemento do Concello?.
5.- ¿En que situación se encontran as actuacións no barrio do Celeiriño?, ¿Cales van ser os seguintes pasos a seguir?.
6.- Asi mesmo, no caso dos vecinos de Lodeiro, ¿tívose algunha resposta dende a administración para solucionar este gran problema?
7.- Días pasados saía na prensa que por parte da Alcaldía firmárase a orden para a realización do proxecto de demolición de varias viviendas en Nicolas Cora, ¿é certo?, ¿En que situación se encontra este tema?
8.- O pasado 21 de Xuño saía no DOGA a publicación das bases para o concurso da concesión do porto deportivo de Viveiro, que nos fora arrebatado dunha forma pouco ortodoxa ós ciudadanos de Viveiro.¿Vaise presentar o Concello a dito concurso para recuperar a xestión do porto?. ¿Fíxose algunha xestión o respecto?.
9.- A zona contigua o albergue de Area, que servía de aparcamento para os vehículos foi rodeada por uns postes de madeira, e o seu remate ata lle puxeron unha cadea, que polo de agora esta aberta, ¿ten constancia o Concello deste feito?, ¿Quen foi a administración que actuou nesa zona?, ¿vaise facer algunha xestión por parte do Concello para poder habilitar e adecentar dito espacio para poñer un aparcamento?

Exit mobile version