A ACD PENALBA-COLECTIVO CHILINDRÍN de Celeiro convocou un concurso de carteis para a promoción da XIV edición da Festa da Merluza de Celeiro.
O xurado estivo formado por:
Bernardo Fraga Galdo-Presidente da ACD Penalba-Colectivo Chilindrín
Breixo Buján Balseiro-Vicepresidente da ACD Penalba-Colectivo Chilindrín.
Olaia Casas Chaves-Concelleira de Cultura do Concello de Viveiro
Secretario do Xurado:
Jesús Fernández Fernández, Secretario da ACD Penalba-Colectivo Chilindrín.
Reunido o xurado ás 22 horas do día 27 de xuño de 2011, procedese á deliberación e á elección do cartel gañador.
De entre os sete carteis presentados, o xurado decidiu, por UNANIMIDADE proclamar gañador a D. JUAN MANUEL SÁNCHEZ SALGUEIRO, de 17 anos, veciño de Viveiro. Juan Manuel acabou este ano Cuarto da ESO no IES VILAR PONTE DE VIVEIRO e o próximo curso comeza o Bacharelado de Artes.
O gañador leva un premio de 200,00 euros, entregados ao mesmo o día 30 de xuño ás 21:00 horas polo Presidente no local da ACD PENALBA-COLECTIVO CHILINDRÍN de Celeiro, sito no Chao, Antigo Colexio Antonio Pedrosa Latas de Celeiro.