Nota de prensa:
ALFONSO VILLARES CUALIFICA A PRAZA DOS CAMPOS COMO “O CORAZÓN DE SAN CIPRIÁN QUE VOLVE A LATEXAR CON FORZA” DURANTE A SÚA INAUGURACIÓN OFICIAL
O acto estivo presidido por Alberto Núñez Feijoó, presidente da Xunta de Galicia
Cervo, 9 de xullo de 2011.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, cualificou esta mañá no acto inaugural da Praza dos Campos a este novo espazo urbano como “o corazón de San Ciprián que volve a latexar para seguir medrando con forza” e asegurou que nel se continuará a construción do futuro desta vila cervense. “Estou convencido de que a construción dos pobos comeza coas súas xentes, e hoxe en día esta praza é o lugar onde nenos, nenas, pais, nais, avós e avoas se xuntan a diario para convivir e artellar o futuro deste pobo” recalcou o rexedor.
No seu discurso Villares aproveitou para facer unha breve descrición histórica dos usos que se lle deu a este espazo urbano situado no centro da Península da Paz. Dende lugar elixido hai 200 anos para depositar a produción das Reais Fábricas de Sargadelos que saían por mar dende o porto de San Ciprián, pasando por zona de carga do carbón que se exportaba dende este porto ao Levante, a campo de fútbol, e xa máis recentemente (en 1976) como o lugar ocupado polo antigo colexio mixto de San Ciprián que posteriormente pasaría a denominarse “Rivera Casás”.
A este respecto o alcalde recordou que el de neno fora un dos alumnos deste antigo colexio que ocupaba o que é hoxe a nova praza e sinalou que o devir dunha serie de cambios inevitables da sociedade nestes últimos anos obrigou ás autoridades competentes a ter que adoptar a decisión de unificar a comunidade escolar sancibrense nun so colexio “cun respecto profundo e sincero cara a aquelas persoas e aqueles pensamentos distintos”.
“A máis que evidente baixada da natalidade provocou que o que antes era necesario -como ter dous colexios nesta vila- se trocara nunha cuestión na que era necesario adoptar unha decisión urxente para volver a xuntar aos nenos da vila de San Ciprián nun só colexio, única e exclusivamente polo seu propio ben e para que se socializaran xuntos” sinalo Villares, quen recalcou que unha vez unificados os nenos nun só colexio, a decisión do grupo de Goberno foi “volver a retomar aquel espacio público dos Campos onde hoxe nos atopamos”.
Por último, o alcalde cervense encomiou a labor feita pola dirección de obra e pola empresa construtora deste proxecto e agradeceu á Xunta de Galicia a súa colaboración “porque gracias a ela este espacio público é posible”. Villares rematou agradecéndolle ao presidente Núñez Feijoó a súa asistencia ao acto “porque para nós é unha honra que sexa vostede a persoa que inaugure este espacio no que hoxe estamos” dixo