Nota de prensa
A GALERNA DE 1961
No 50 cabodano da Galerna.
Misa polos naufragos
Como xa ven sendo habitual dende a ano 1995, data na que se inaugurou a praza do náufrago de Celeiro, en homenaxe ás Xentes do Mar, e en especial os que perderon a súa vida nel, a Comisión do Náufrago organiza para o próximo Martes día 12 de Xullo, as 9 da noite a Eucaristía en dita praza en memoria dos falecidos en accidente de mar, e este ano en especial, coincidindo coa data máis luctuosa para o porto de Celeiro, en recordó dos trinta mortos na galena de 1961, nos afundimentos dos pesqueiros “Mari Loly Grela”, “Badiola” e “Todos los Santos”, asi como tamén o “Santa Lucía”, que ainda pertencia a Santander, armaba para a costeira do bonito en Espasante, perecendo dous vecinos da bisbarra. Nesta ocasión a ceremonia relixiosa estará presidida polo bispo da diócese D. Manuel Sánchez Monge, que estará acompañado do Arcipreste de Viveiro, D. Xose Román Escourido Basanta, o Delegado Episcopal da diócese do Apostolado do Mar e párroco de Cariño, D. Francisco Gomez García, e tamén dos párrocos de Santiago de Viveiro, D. José Bello Lagüela e o de Santa Maria do Campo de Viveiro, D. Luis Fole Freire, así como de D. Avelino González Loureiro, párroco de Celeiro, e asi mesmo estarán representadas as administracións locais, provinciais e autonómicas.
Paralelamente a este acto, o dia anterior, Luns, ás 8 da tarde, será inaugurada unha exposición fotográfica dos barcos de Celeiro que había no porto no ano 1961, como homenaxe ós marineiros que pereceron naquel suceso. As fotografías foron recopiladas por Jose Ramón Fernández e otras pesoas, e estarán expostas no fogar dos mariñeiros na pranta baixa da Cofradía de Pescadores Santiago Apostolo de Celeiro.
A Comisión do Náufrago de Celeiro invita á participación nestes actos dado que os falecidos non só foron de Celeiro, senón tamén de Viveiro, Covas ou Xuances.