Nota de prensa
O acto, que dará comezo ás 14:30, estará seguido dun discurso político Causa Galiza organiza xantar de irmandade no Festival da Chaira
A Pastoriza, 15 de xullo de 2011
A Asemblea de Lugo de Causa Galiza, xunto co Centro Social Mádia Leva, organiza un
xantar de irmandade dentro do Festival da Chaira, na Pastoriza. O acto, no que se
presentarán as actividades convocadas pola iniciativa soberanista para este Día da Patria
dará comezo ás 14:30 e estará seguido dun discurso político. A convocatoria está
encadrada dentro da campaña previa ao 25 de xullo deste ano, iniciada xa ao longo de
todo o país co lema “Por un novo ciclo no nacionalismo galego, adiante o soberanismo”,
e que terá como acto central a manifestación nacional do 25 de xullo que sairá ás 12:30 da
Alameda de Compostela.
Dentro das actividades da Causa Galiza en prol da socialización do dereito de
autodeterminación, e acorde coa activación das asembleas comarcais desta iniciativa, a
Asemblea Comarcal de Lugo da Causa Galiza organiza este sábado 16 de xullo, xunto co Centro
Social Mádia Leva, un xantar de irmandade no Festival da Chaira, na Pastoriza. Despois do
xantar, terá lugar un discurso político.
A Asemblea Comarcal encadra este acto na campaña de preparación do Día da Patria, xornada
que Causa Galiza volve organizar por quinto ano consecutivo, nesta ocasión co lema “Por un
novo ciclo no nacionalismo galego, adiante o soberanismo”. Este ano as actividades convocadas
por Causa Galiza para o Día da Patria volven ter como acto central a manifestación nacional
convocada polo organismo soberanista, que arrancará ás 12:30 horas do 25 de xullo da Alameda
de Compostela. Xa a tarde, celebrarase no Parque de Fermín Bouza Brei unha Romaría Popular,
con dúas sesións de discusión sobre política municipal. Na primeira, representantes de
candidaturas soberanistas galegas porán en común as expectativas abertas desde o momento
das pasadas elecións. A posteriori, o debate trasladarase ás experiencias noutras nacións, coa
presenza das Candidatures d’Unitat Popular (CUP) e da Esquerda Abertzale. Nesta mesma
xornada, haberá outras actividades ao longo da tarde como presentacións de libros.
Ademais diso, xa no día 23 desenvolverase en Compostela desde as 16.30 horas dúas mesas
de debate abertas á participación. Na primeira delas, activistas de diversos centros sociais da
Galiza dialogarán arredor das súas experiencias neste modelo de auto-organización. Logo,
miltantes da esquerda doutros países analizarán o contexto internacional, con especial atención
posta na situación nos países árabes.
Causa Galiza é unha entidade social ampla e de esquerda na que conflúen persoas
comprometidas coa defensa do dereito de autodeterminación do noso país, presentada
publicamente en Xullo de 2007. Entre as súas actividades para a socialización do dereito de
autodeterminación destacan as marchas unitarias do 25 de Xullo, as maiores reivindicacións
soberanistas dos últimos anos, e a presentación do Acordo Democrático Nacional (ADN), no
pasado 18 de decembro. Con carácter itinerante, ten organizado tamén homenaxes en Carral e
Lugo aos mártires de Revolución Galega de 1846.
www.causagaliza.org
Page 2
O ato, que dará começo às 14:30, estará seguido dum discurso político
Causa Galiza organiza jantar de irmandade
no Festival da Chaira
Pastoriza, 15 de julho de 2011
A Assembleia de Lugo de Causa Galiza, junto com o Centro Social Mádia Leva, organiza
um jantar de irmandade dentro do Festival da Chaira, na Pastoriza. O ato, no que se
apresentarám as atividades convocadas pola iniciativa soberanista para este Dia da Pátria
dará começo às 14:30 e estará seguido dum discurso político. A convocatória está
enquadrada dentro da campanha previa ao 25 de julho deste ano, iniciada já ao longo de
todo o país com o lema “Por um novo ciclo no nacionalismo galego, adiante o
soberanismo”, e que terá como ato central a manifestaçom nacional do 25 de julho que
sairá às 12:30 da Alameda de Compostela.
Dentro das atividades da Causa Galiza em prol da socializaçom do direito de autodeterminaçom,
e acorde com a activaçom das assembleias comarcais desta iniciativa, a Assembleia Comarcal
de Lugo da Causa Galiza organiza este sábado 16 de julho, junto com o Centro Social Mádia
Leva, um jantar de irmandade no Festival da Chaira, na Pastoriza. Depois do jantar, terá lugar
um discurso político.
A Assembleia Comarcal enquadra este ato na campanha de preparaçom do Dia da Pátria,
jornada que Causa Galiza volve organizar por quinto ano consecutivo, nesta ocasiom com o
lema “Por um novo ciclo no nacionalismo galego, adiante o soberanismo”. Este ano as
actividades convocadas por Causa Galiza para o Dia da Pátria volvem ter como ato central a
manifestaçom nacional convocada polo organismo soberanista, que arrancará às 12:30 horas do
25 de julho da Alameda de Compostela. Já a tarde, celebrará-se no Parque de Fermín Bouza
Brei umha Romaría Popular, con duas sessons de discussom sobre política municipal. Na
primeira, representantes de candidaturas soberanistas galegas porám en comum as expetativas
abertas desde o momento das passadas eleiçons. A posterióri, o debate trasladará-se às
experiências noutras naçons, com a presença das Candidatures d’Unitat Popular (CUP) e da
Esquerda Abertzale. Nesta mesma jornada, haverá outras actividades ao longo da tarde como
apresentaçons de livros.
Ademais disso, já no dia 23 desenvolvera-se em Compostela desde as 16.30 horas duas mesas
de debate abertas à participaçom. Na primeira delas, ativistas de diversos centros sociais da
Galiza dialogarám arredor das suas experiências neste modelo de auto-organizaçom. Logo,
miltantes da esquerda doutros países analizarám o contexto internacional, com especial atençom
posta na situaçom nos países árabes.
Causa Galiza é umha entidade social ampla e de esquerda na que confluem pessoas
comprometidas com a defesa do direito de autodeterminaçom do nosso país, apresentada
publicamente em julho de 2007. Entre as suas atividades para a socializaçom do direito de
autodeterminaçom destacan as marchas unitarias do 25 de julho, as maiores reivindicacións
soberanistas dos últimos anos, e a apresentaçom do Acordo Democrático Nacional (ADN), no
pasado 18 de dezembro. Con carácter itinerante, tem organizado também homenagens em
Carral e Lugo aos mártires de Revolución Galega de 1846.
www.causagaliza.org