Nota de prensa
XIII Mercado Medieval
ALFOZ 2011
No entorno de Castelo de Castro de Ouro en Alfoz
PROGRAMA
09:30 h. Traslado dende o entorno da Torre Fortaleza ata a Frouxeira para recorrer a III Ruta de sendeirismo “Polas pegadas do Mariscal”. Organiza Paso Miúdo.
11:00 h. Apertura do Mercado Medieval e das distintas exposicións.
11:30 h. Acto de chegada de Don Pedro Pardo de Cela e Dona Isabel de Castro ao Mercado.
12:00 h. Oficio do pregón inaugural a cargo do músico-compositor alfocense D. Arcadio Mon García.
12:30 h. Misa medieval en latín.
13:00 h. Comezo das actuacións de Rodesindo da Barrosa.
13:30 h. Degustación de torresmos e chourizos por xentileza das tabernas: A Fonda do Cabaleiro e Todamira.
14:00 h. Xantar campestre.
15:00 h. Inicio da actuación dos Viqueiras de Ordes.
15:30 h. Tecrima impartirá un taller infantil de historia medieval.
16:00 h. Mundo de troula con Andreso.
16:30 h Castelarco fará unha exhibición de Tiro con Arco.
17:00 h. Voos de aves rapaces.
18:00 h. Xogos medievais ecuestres.
19:00 h. Teatro de monicreques, Grupo Teatral Raiolas.
21:00 h. Cea Medieval, composta por mazá, empanada, xamón, chourizo, pan e viño.
23:00 h. Voos nocturnos de aves rapaces.
23:30 h. Dramatización da historia do Mariscal D. Pedro Pardo de Cela.
00:00 h. Queimada popular e espectáculo con lume.
00:30 h. Concerto a cargo do grupo de música tradicional Fiandola.
Haberá unha exposición permanente de aves de cetrería e voos de exhibición ao longo de toda a xornada. Teremos actuacións de malabares, teatro, música, cantares de cego, demostracións de oficios antigos e postos de produtos artesanais.
Os tíckets para a cea medieval pódense adquirir anticipadamente na Casa do Concello de Alfoz e o día do mercado na Torre Fortaleza. O prezo é de 12 € por persoa, e da dereito á cea, á queimada e ao correspondente prato e cunca artesanal como recordo do acto.
Este evento non se tería podido preparar sen a xenerosa colaboración de moitas persoas e organizacións ás cales expresamos o noso agradecemento.